A
EFA
AXUDARÁ A CONTROLAR OS PATÓXENOS PRESENTES NA VIDE DA DO RIAS
BAIXAS
Membros da Estación
Fitopatolóxica do Areeiro reuníronse no
Parador
de Cambados o pasado martes 21 de xullo con técnicos das principais
adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas para
estudar posibles vías de difusión de información aos
agricultores dos diagnósticos de pragas e enfermidades que afectan
á vide co obxectivo de aumentar a produción e calidade dos nosos
viños. O acto estivo presidido por Rafael Louzán, Presidente da
Deputación de
Pontevedra e o alcalde de Cambados, Luis Aragunde e contou coa participación
do presidente do Consello Regulador Rías Baixas, José
Ramón Meiriño e o director daEFA, Pedro Mansilla.
Na actualidade a páxina web da Estación
Fitopatolóxica do Areeiro xa dispón dun servizo de
avisos fitosanitarios permanentemente actualizado que
inclúe unha sección especial dedicada á vide no que se
informa sobre os patóxenos ou pragas que se detectan no cultivo e as
medidas de control a levar a cabo, así como a posible evolución
do patóxeno, sobre a base do momento de desenvolvemento en que se atope
o cultivo e as condicións ambientais da zona.