O PROGRAMA LABRANZA DA
CRTVG REALIZOU UNHA REPORTAXE SOBRE O PAPEL DA EFA NO CONTROL DO NEMATODO DA
MADEIRA DO PIÑEIRO
O programa
"Labranza" da
TVG emitiu o domingo día 9 de agosto de 2009 ás 14:00 horas
unha reportaxe sobre os obxectivos do Plan Nacional de continxencia fronte ao
nematodo da madeira do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus e o
papel que xoga Areeiro como organismo oficial encargado de realizar as
mostraxes e o diagnóstico na Comunidade Autónoma de
Galicia.