O centro adaptou dous dos servizos
prestados aos seus clientes aos requisitos que establece a norma de
xestión da calidade UNE-NISO 9001:2008. Concretamente renovaron a
certificación obtida no ano 2005 para a Detección e
Identificación de Fungos Fitopatóxenos por técnicas
moleculares e ampliou o alcance da certificación a outro dos
servizos que ofrecen os seus laboratorios, conseguindo a certificación
para a Análise Fisicoquímica do Kiwi.
Esta
certificación asegura que o laboratorio estableceu unha serie de
actividades para xestionar axeitadamente a calidade dos ensaios realizados:
control de todos os procesos involucrados mediante indicadores de alerta,
establecemento de obxectivos anuais de calidade, realización de
actividades de control de calidade en cada ensaio, establecemento de
sistemáticas de detección e control de non conformidades,
enquisas periódicas de satisfacción de clientes,
etc.