O FLORICULTOR ITALIANO
FRANCO GHIRARDI DONARÁ Á DEPUTACIÓN UNHA COLECCIÓN
DE "CAMELIAS HIGO"
O Doutor Franco
Ghirardi, autor do libro "Higo Camellia, un fiore per il terzo
millennio" e posuidor da maior colección de Camelias Higo de Europa
vai facer entrega o día 20 de febreiro de máis dun centenar de
exemplares de Camelias Higo á
Deputación de
Pontevedra. Estes exemplares pasarán a formar parte da
colección de camelias que a entidade ten na Estación
Fitopatolóxica do Areeiro
As Camelias Higo foron durante
séculos mantidas en segredo pola nobreza xaponesa e polos Samurais. Na
actualidade, seguen a ser moi apreciadas no seu lugar de orixe, e son
descoñecidas practicamente en Europa.
No dia de hoxe, o Doutor
Franco Ghirardi impartiu un taller formativo de enxertos para o persoal
da EFA. Ademais,
puido coñecer a colección de camelias da
Deputación de
Pontevedra que se atopa na Estación Fitopatolóxica do Areeiro
e no Castelo de Soutomaior.