O día 2 de marzo a
EFA recibiu a
visita de Mrs. Patricia Short, directora da
International Camellia
Society, e Mr. Herb Short. Patricia Short formou parte do xurado do
XLVII Concurso Exposición Internacional de la
Camelia de Vigo. Ambos percorreron as instalacións da
Estación e comprobaron o traballo que se está a realizar
actualmente sobre distintos aspectos relacionados co cultivo da camelia, a
identificación de cultivares e o control de pragas e
enfermidades.
Durante a súa visita
coincidiron con Mrs. Gladys Rigall e Michelle Carles, que viñeron a
España para coñecer o traballo que se realiza en Areeiro para a
busca de estratexias para o control de Ciborinia camelliae, fungo
causante do murchamento da flor de camelia.