A TVE VISITA A
EFA PARA
COÑECER MÁIS SOBRE AS INCIDENCIAS FITOSANITARIAS FRONTE ÁS
QUE HAI QUE ACTUAR NESTE MOMENTO
O día 2 de febreiro de
2012 TVE realizou unha visita
á EFA para coñecer as enfermidades e pragas que estamos a
encontrar en diferentes cultivos e saber como intervir para limitar a
súa incidencia.
Rosa Pérez Otero comentoulles o problema
que supón o Cylindrocladium buxicola no buxo, os tratamentos que
se deben realizar no inverno sobre as froiteiras e as precaucións para
protexernos fronte ás eirugas de procesionaria.