 |
|
Obxectivo:
Na
EFA
establecémosnos como obxectivo prioritario mellorar continuamente a
calidade dos servizos prestados aos nosos clientes. Por iso, adaptamos o noso
funcionamento aos requisitos que establece a norma de xestión de
calidade UNE-NISO 9001:2015 e obtivemos o recoñecemento externo da
ADECUADA XESTIÓN DA CALIDADE do noso laboratorio por parte dunha
entidade de certificación de calidade (concretamente AENOR)
Significado da
certificación:
Esta
certificación asegura que o laboratorio estableceu unha serie de
actividades para xestionar adecuadamente a calidade dos ensaios realizados:
control de todos os procesos involucrados mediante indicadores de alerta,
establecemento de obxectivos anuais de calidade, realización de
actividades de control de calidade en cada ensaio, establecemento de
sistemáticas de detección e control de non conformidade, enquisas
periódicas de satisfacción de clientes, etc. .
Mellora
continua:
Unha vez acadado este
obxectivo, cremos, se cabe, aínda máis na mellora continua da
calidade e, por iso, seguímosnos marcando metas de calidade como a
ampliación do alcance da certificación. Aproveitamos para
recordarlles que todos os nosos clientes teñen á súa
disposición follas de reclamación e que, calquera dúbida
referente á realización dos ensaios, envío de mostras,
etc. será atendida moi gustosamente polo noso persoal. |