Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » A Estación » Política de calidade

Certificación AENOR
Política de calidade da
Estación Fitopatolóxica Areeiro


A Dirección da EFA sempre foi consciente de que os sistemas de calidade son ferramentas de xestión que poden axudar as organizacións a controlar e mellorar o seu funcionamento. Na actualidade a EFA atópase certificada para ensaios en tres seccións: Bioloxía Molecular, Edafoloxía e Fitopatoloxía.

Ademais de apoiar e potenciar o sistema de calidade, a Dirección declara o compromiso de toda a organización nos seguintes aspectos:

  • Cumprir os requisitos da norma ISO 9001

  • Cumprir os requisitos legais e outros requisitos aplicables

  • Conseguir a máxima calidade nos nosos ensaios asegurando que se realizan segundo unhas boas prácticas profesionais, conforme ás especificacións da ou do cliente e baixo un rigoroso control de calidade que garanta a súa fiabilidade

  • Promover a adquisición dos recursos materiais e humanos precisos para o desenvolvemento da nosa política de calidade

  • Implantar, manter e mellorar continuamente o sistema de calidade de forma que se utilice como unha ferramenta útil e eficaz para a nosa xestión

  • Realizar, como mínimo anualmente, unha revisión global do sistema

Así mesmo, establece a política de calidade do laboratorio mediante os seguintes obxectivos:

  • Satisfacer as necesidades das nosas clientas e clientes, das autoridades reguladoras e das organizacións encargadas do noso recoñecemento

  • Mellorar continuamente o servizo prestado á nosa clientela

  • Traballar ao máis alto nivel de calidade nos nosos ensaios

  • Asegurar a formación continua do persoal do laboratorio

A Dirección entende que a calidade é responsabilidade de todas e todos, e pídelle ao persoal relacionado co sistema que se familiarice coa documentación e continúe coa súa aplicación no seu traballo diario a través dos documentos establecidos. Así mesmo, encoméndalle a responsabilidade de supervisar a eficacia e implantación do sistema, e de garantir que se implanta e aplica en todo momento, ao responsable de calidade.

Pontevedra, 2 de maio de 2017