Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Agronómica » Cítricos » xaneiro - abril
Cítricos: Labores a realizar no período xaneiro - abril

Os labores culturais que se poden realizar durante os primeiros meses do ano están encamiñados basicamente cara ao mantemento ou a mellora das condicións da plantación:

 
  • Plantación de novos exemplares (ou reposición de plantas).- Debe realizarse antes da primavera. Os buratos de plantación deben ter 50 cm de lado e 70 cm de profundidade. Antes de introducir a planta, débense realizar achegas de fertilizante orgánico ben descomposto (opcionalmente tamén cal) e unha capa de terra. Despois procédese á colocación da planta (respectando a altura que tiña en orixe), cóbrese coa terra e régase (que debe repetirse os días seguintes se non hai humidade dabondo). Antes de plantar é conveniente comprobar, mediante unha análise, se no terreo hai algún patóxeno de solo, especialmente se plantamos nunha localización onde antes había un pé morto.

    Cando as árbores levan un ano no terreo, cómpre comezar a formalas, mediante a chamada poda de formación: déixanse só entre tres e cinco pólas principais ben distribuídas arredor do tronco e con certa distancia. Cando estas pólas teñan entre 30 e 50 cm. de longo, pódense despuntar para favorecer a súa ramificación.