Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Agronómica » Cítricos » xaneiro - abril
Cítricos: Labores a realizar no período xaneiro - abril

Os labores culturais que se poden realizar durante os primeiros meses do ano están encamiñados basicamente cara ao mantemento ou a mellora das condicións da plantación:

 
  • Enxertos.- O máis común en cítricos é o enxerto de "xema ou de escudo": neste enxerto realízase un corte en forma de T no patrón. Ábrense os lados da casca e insírese a xema da variedade desexada, de xeito que contacten os cambium de ambos os dous lados. Logo procédese ao atado do enxerto cun filme transparente ou rafia. Logo de 15-20 días pódese comprobar se agarrou; nese caso hai que eliminar o material utilizado para o amarre.

    Outro tipo de enxerto de xema válido para cítricos é o enxerto de "parche ou de placa": a porción de casca que leva a xema da variedade a enxertar recórtase en forma de rectángulo duns 2,5 cm de ancho; ao patrón extráeselle unha peza de igual forma e dimensión para que o da variedade encaixe perfectamente; únense ambas as dúas pezas e átanse de xeito similar ao enxerto de escudo.