Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2006

III Jornadas Ibéricas de Horticultura Ornamental , Almeria 2006

Descargar en formato PDF 4358


Selección de descriptores agromorfológicos para la diferenciación de cultivares antiguos de Camellia japonica.


Carmen Salinero¹, Pilar Vela¹, Olga Aguín¹ & María J. Sainz²

¹Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Servicio Agrario. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. Subida a la Robleda s/n.36153 Pontevedra. efa@efa-dip.org

²Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, Campus Universitario, 27002 Lugo, España.




RESUMO:      A camelia ornamental máis cultivada é Camellia japonica, da que existen miles de cultivares. Nos xardíns dos Pazos galegos e de Quintas do norte de Portugal, atópanse camelias que teñen máis de 100 anos, das que se descoñece o cultivar ao que pertencen a maioría delas. A identificación de cultivares é moi difícil, xa que se basea nalgúns registros fotográficos, debuxos e unhas poucas características morfolóxicas publicadas en catálogos e facsímiles de libros antigos que supoñen unha información insuficiente e moitas veces confusa. É necesario desenvolver descriptores agromorfológicos específicos que permitan caracterizar o material de C. japonica. Estes descriptores só están ben establecidos para Camellia sinensis, dada a importancia económica da planta de té. No presente traballo, propóñense diversas características morfobotánicas para a identificación de cultivares de Camellia japonica. Durante os anos 2002 a 2005, en 7 xardíns galegos e 3 portugueses, seleccionáronse 45 exemplares antigos de C. japonica de cultivar descoñecido, dos que se tomaron mostras de follas, flores e froitos (no caso de que os formasen) para aplicar descriptores relacionados coa forma e tamaño de follas, forma, cor e tamaño de flores, disposición, forma e marxe dos pétalos, presenza ou ausencia de petaloides e estambres, formación de semente. Os resultados indicaron que os descriptores morfobotánicos máis adecuados para a identificación de cultivares de C. japonica son a forma da lámina, ápice e borde das follas, a forma das flores e dos pétalos, a cor, marxe e distribución dos pétalos, e a formación de semente, que permitiron adscribir 40 das plantas seleccionadas a sete cultivares: Alba Plena, Arcozelo, Fimbriata, Pompone, Reina de las Flores, Rubra Simplex e Variegata. As outras cinco plantas, aínda que presentaron similitudes con algún destes sete cultivares, o cal podería levar a unha identificación errónea se se usase como referencia a información de catálogos e facsímiles, non se corresponderon con ningún deles unha vez aplicados os descriptores.