Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2008

VI International chesnut symposium
Miyun-Beijing (China) 25-28 setembro, 2008

1231


Diversity of vegetative compatibility types, mating types and occurrence of hypovirulence in Cryphonectria parasitica populations in NW Spain


O. Aguín¹, D. Montenegro¹, M.J. Sainz², M. Hermida¹ and J.P. Mansilla¹

¹Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Deputación de Pontevedra. Subida a la Robleda s/n, E-36153 Pontevedra, Spain. efa@efa-dip.org
²Departamento de Producción Vegetal. Universidad de Santiago de Compostela, Campus Universitario, E-27002 Lugo, Spain. E-mail: mjsainz@lugo.usc.es


RESUMO: O cancro do castiñeiro, causado por Cryphonectria parasitica, é unha enfermidade amplamente estendida nos sotos de todo o mundo. As únicas perspectivas para o seu control baséanse no coñecemento das características das poboacións do fungo nas zonas afectadas e na introdución de cepas hipovirulentas. Neste traballo levouse a cabo unha prospección para estudar a bioloxía das poboacións de C. parasitica en sotos das provincias de Lugo e Ourense, determinando a diversidade dos grupos de compatibilidade vexetativa (VC), diversidade de tipos de compatibilidade sexual (mating types), e presenza de cepas hipovirulentas. Determináronse un total de 612 illados, dos cales a meirande parte mostraron un fenotipo virulento. Só catro deles, procedentes da provincia de Lugo, mostraron a presenza de dsRNA, característico da hipovirulencia. A caracterización molecular do hipovirus destes illados determinou que pertencían ao subtipo E do Cryphonectria hypovirus tipo 1 (CHV1-E). A diversidade de tipos de compatibilidade vexetativa foi moi baixa. Unicamente se determinaron 9 tipos vc, e solo cinco deles estaban presentes en ambas as dúas provincias. Catro deles eran compatibles cos grupos de referencia europeos (EU1, EU9, EU66 e EU72), e os outros cinco correspondíanse con tipos detectados unicamente ata o momento no Noroeste da Península Ibérica (E1-EU5). Os tipos vc predominates en ambas as dúas poboacións foron E1, E2 e E3, presentes en 97% dos illados. Dúas cepas hipovirulentes foron compatibles co tipo vc E1, unha con E2 e outra con E3. O estudio|estudo dos mating types determinou que o idiomorfo MAT-1 era predominante en ambas as dúas poboacións. A súa reprodución principalmente asexual, o baixo índice de diversidade de tipos de compatibilidade vexetativa e a detección de cepas hipovirulentas compatibles cos tipos vc predominantes constitúen factores que favorecen a aplicación dun programa de control biolóxico nos sotos afectados do NO de España.

Palabras chave: cancro do castiñeiro, diversidade, control biolóxico