Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2008

VI International chesnut symposium
Miyun-Beijing (China) 25-28 setembro, 2008

1259


Selection of Castanea sativa Mill. for Resistance to Phytophthora cinnamomi: Testing of Selected Clones.


B. Cuenca¹, M.R. Fernández¹, L. Ocaña², C. Salinero³, C. Pintos³, J.P. Mansilla³ and C. Rial³

¹TRAGSA Departamento de Mejora Agroforestal. Crta. Maceda-Valdrey, km.2. 32700 Maceda. Ourense. Spain. bcuenca@tragsa.es
²TRAGSA. Dirección Técnica. Unidad de Viveros. C/ Maldonado 58. 4ª planta 28006 Madrid. Spain. locana@tragsa.es
³Estación Fitopatolóxica do Areeiro (Diputación de Pontevedra), Subida a la Robleda s/n. 36153 Pontevedra. efa@efa-dip.org


RESUMO: Entre os anos 2000 e 2005, TRAGSA levou a cabo un proxecto EUREKA financiado polo goberno de España, que tiña por obxecto a realización dunha mostraxe exhaustiva de árbores de Castanea sativa en Galicia. Para iso, utilizouse o Terceiro Inventario Forestal Nacional e o Mapa Forestal, marcando aquelas zonas gravemente afectadas pola tinta do castiñeiro, nas que o castiñeiro era a primeira ou segunda especie. Seleccionáronse 206 árbores en 18.808,84 ha en zonas de regresión 1 e 2 de Bouhier. Estes clons establecéronse para a súa propagación in vitro (Cuenca et al, 2005), ademais realizáronse ensaios de resistencia mediante a inoculación da enfermidade en brotes escindidos de material adulto (Robin et al, 2006). Os resultados dos ensaios non foron repetitivos, posiblemente debido á variabilidade na condición fisiolóxica do material de campo. Por esta razón, o momento de aclimatación das plantas in vitro exercía unha importante influencia no resultado da inoculación na raíz, xa que todos os clons do ensaio que se inoculaban durante primavera ou principios do verán morrían nunha porcentaxe maior que aqueles nos que o ensaio se realizaba a finais do verán. Dos 18 clons analizados de maio a xuño, 3 deles sobreviviron nunha porcentaxe superior ao 75%, e un deles non presentaba síntomas de tinta. Cando se realizaba o ensaio dos clons in vitro, todos os explantos morrían. Parece que existe unha relación importante entre a resistencia e o momento en que se expresan os síntomas in vitro, polo que canto máis resistente é un clon, máis tempo tarda en morrer. A caracterización molecular por SSRs (Yamamoto et al., 2003) para aqueles clons que presentan estruturas de resistencia permitirá coñecer se estes son xenotipos puros de sativa ou se a resistencia se debe á presenza de alelos asiáticos.

Palabras chave: Castanea sativa, Phytophthora cinnamomi, resistencia