Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2008

I Simposio Iberoamericano – IV Jornadas Ibéricas de Horticultura Ornamental
Pontevedra, 15-17 Outubro 2008

1300


Organismos de cuarentena sobre plantas leñosas ornamentales en Galicia


J.P. Mansilla Vázquez

Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. Subida a la Robleda s/n. 36153 Pontevedra. pmansilla@efa-dip.org


RESUMO: Nos últimos anos observouse un notable incremento de presenza de plantas leñosas ornamentais nos nosos parques e xardíns. O certo é que como consecuencia do incremento no nivel de vida e do consiguiente maior poder adquisitivo da poboación, destínanse máis medios económicos e máis dedicación aos espazos verdes, polo que existe unha maior demanda de plantas ornamentales e xa que logo unha oferta tamén maior. Desde o punto de vista fitosanitario, os intercambios comerciais que se xeran, poden carrexar problemas de diversa gravidade, pois en ocasións introdúcense novos organismos nocivos (patóxenos e/ou pragas) que en boa parte dos casos non contan con organismos antagónicos que dun xeito natural poidan protexer aos vexetais. Esta situación é relativamente frecuente cando se trata da introdución de especies foráneas; un exemplo claro neste sentido é o caso dos insectos Gonipterus scutellatus, Phoracantha semipunctata, Ctenarytaina eucalyptii e Ctenarytaina spatulata sobre Eucalyptus spp.; o de Ciborinia camelliae ou Phytophthora ramorum sobre Camellia ou o de Fusarium circinatum sobre algunhas coníferas. Algúns destes patóxenos e pragas son organismos de cuarentena na UE, polo que a súa detección implica restriccións para a venda e exportación dos vexetais ou os seus produtos (material de propagación, etc.).

Palabras chave: EPPO, control, axentes fitopatóxenos.