Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2008

I Simposio Iberoamericano – IV Jornadas Ibéricas de Horticultura Ornamental
Pontevedra, 15-17 Outubro 2008

1302


Patógenos fúngicos detectados recientemente sobre plantas ornamentales en Galicia


B. González, C. Rial, O. Aguín, C. Pintos y J. P. Mansilla

Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. Subida a la Robleda s/n. 36153 Pontevedra. bgpenalta@efa-dip.org


RESUMO:A Estación Fitopatolóxica do Areeiro recibe mostras de numerosas ornamentais leñosas cultivadas en Galicia, identificándose, entre outros, patóxenos fúnxicos. A identificación realízase mediante a combinación de técnicas morfolóxicas e moleculares (nested-PCR, PCR específica, secuenciación con primers universais ITS1-ITS4). Deste xeito detectáronse, en anos anteriores, fungos de corentena como Ciborinia camelliae e Phytophthora ramorum. Neste traballo recóllense fungos patóxenos recentemente identificados sobre este tipo de plantas en Galicia. En Phoenix canariensis detectouse a presenza de Fusarium oxysporum f.sp. canariensis. En ornamentais leñosas, detectouse Taphrina coerulescens en follas de Quercus rubra; Didymascella thujina sobre follas de Thuja plicata; Cylindrocladium ilicicola e Phytophthora ilicis sobre follas de Ilex sp.; e Phoma glomerata e Volutella buxi en follas de Buxus sempervirens. Phytophthora foliorum, citado recentemente sobre follas de azalea, foi illado da raíz de azalea.

Palabras chave: ornamentais leñosas, palmeiras, Fusarium oxysporum f.sp. canariensis, Cylindrocladium ilicicola, Phytophthora ilicis