Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2010

Seminario sobre Biodiversidad vegetal en el sistema agroforestal atlántico (AGROFOR)

Pontevedra, 27-28 de Outubro, 2010


Diferenciación de exemplares antigos de Camellia japonica mediante análise morfolóxica e molecular

Vela P.¹; Salinero C.¹; Couselo J.L.¹; Sainz M.J.²

¹Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Deputación de Pontevedra. Subida a la Robleda s/n, E-36153 Pontevedra. efa@efa-dip.org
²Departamento de Produción Vexetal, Universidade de Santiago de Compostela, 27002 Lugo, España.


RESUMO: A camelia ornamental máis cultivada é Camellia japonica L., especie da que se describiron máis de 30.000 cultivares. En xardíns de pazos e casas señoriais de Galicia crecen exemplares de C. japonica de máis de cen anos, dos que en moitos casos se descoñece o cultivar ou se consideran dun determinado cultivar unicamente polo parecido das súas flores e follas con debuxos e descricións de libros antigos e catálogos de viveiros. A identificación correcta dos recursos xenéticos de C. japonica é crucial para o manexo e conservación de coleccións e xardíns e ten un grande interese comercial, xa que existen viveiros interesados na propagación de material de exemplares antigos como cultivares galegos. En Galicia, caracterizáronse e catalogáronse algúns exemplares de camelia con valor histórico e cultural, utilizando descritores morfobotánicos. Por outra banda, nos últimos anos introducíronse as técnicas moleculares para a caracterización de material vexetal. En Camellia sinensis L., os marcadores xenéticos de tipo microsatélite permitiron identificar e autenticar cultivares, polo que poderían ser útiles para a diferenciación de cultivares de C. japonica L.

Obxectivo deste traballo foi caracterizar 13 exemplares antigos de C. japonica localizados en Galicia mediante descritores morfobotánicos e marcadores microsatélite.