Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2010

XV congreso de la Sociedad Española de Fitopatología

Vitoria 27 Setembro - 1 Outubro, 2010


Identificación de especies de Fusarium transmitidas por insectos vectores en coníferas de Galicia

Aguín, O., Escofet, P., Pérez, R., Mansilla, P

Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Deputación de Pontevedra. Subida a la Robleda s/n, E-36153 Pontevedra.


RESUMO: O xénero Fusarium inclúe fungos que causan danos nun amplo rango de especies vexetais. Dentro das especies fitopatóxenas máis importantes deste xénero inclúese a F. circinatum (patóxeno de corentena), causante do cancro resinoso que provoca importantes perdas económicas na produción de coníferas e a Fusarium proliferatum e Fusarium verticillioides que, non son especies de corentena, pero poden causar danos en sementes e plántulas de piñeiro. Unha gran variedade de insectos poden actuar como transmisores de especies deste xénero. O obxectivo deste traballo foi determinar os insectos involucrados na transmisión de Fusarium spp. en Galicia. Durante 2008 e 2009, analizáronse 3000 insectos recollidos en trampas Lindgren de 12 funís e trampas Theysohn colocadas en masas de Pinus pinaster e Pinus radiata das catro provincias galegas. A detección de Fusarium spp. realizouse dispoñendo os insectos capturados en medios de cultivo específicos. A identificación de especies de Fusarium levouse a cabo a través das características morfolóxicas das colonias e mediante análise molecular. Para o estudo molecular amplificáronse dúas rexións do ADN fúnxico: a rexión interxénica do ADN ribosomal (ITS) e unha rexión do xene nuclear que codifica para o factor de elongación (EF). A detección e identificación de F. circinatum levouse a cabo directamente a partir dos insectos sen illamento previo do fungo en cultivo. Para a obtención do ADN de F. circinatum, os insectos laváronse cun buffer de extracción e a amplificación do ADN extraído, realizouse seguindo dous procedementos de PCR real time. O estudo morfolóxico e a análise molecular permitiron identificar 11 especies de Fusarium asociadas a insectos, sendo as máis abundantes F. circinatum, F. solani, F. oxysporum e F. proliferatum. En todas as especies de insectos estudadas se detectou algunha especie de Fusarium, agás Hylastes attenuatus e Hylastes ater. Ips sexdentatus demostrou ser o insecto vector máis importante, xa que nos exemplares analizados se detectaron 9 especies de Fusarium diferentes.