Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Artículos en Revistas Científicas e Divulgativas » 2008




Pests and diseases detected in Spain
International Camellia Journal 2008, 40: 59-65


Salinero, C., Mansilla J.P., Abelleira, A., Aguín O., Pérez, R., Pintos, C.

Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra, España. efa@efa-dip.org

RESUMO: Nos últimos anos, o número de pragas e enfermidades detectadas en camelia aumentou considerablemente. Este feito pode estar relacionado coa xeneralización e o aumento do comercio internacional e do intercambio de material vexetal que contribuíu á diseminación dos patóxenos. Ademais, as condicións ambientais nas que se desenvolve tamén poden afectar á aparición de pragas e enfermidades. Neste traballo, preséntase un resumo das principais pragas e enfermidades detectadas en Galicia, facendo especial énfase na data de detección, a evolución da enfermidade ao longo dos anos, a súa incidencia actual e nalgúns casos as medidas a levar a cabo para controlar a enfermidade.

Palabras chave: patóxeno, fungo, ácaros, insectos, virus, bacterias, control biolóxico, nematodos.


Pollen production and germination in Camellia japonica cultivars
2008 American Camellia Yearbook


P. Vela¹, C. Salinero¹, P. Piñón¹ y M.J. Sainz²

¹ Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra, España. pvela@efa-dip.org
² Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, Campus Universitario, 27002 Lugo, España

RESUMO: A selección de liñas parentais para a obtención de novos cultivares de Camellia japonica vese dificultada polo feito de que as flores de moitos cultivares non teñen órganos reprodutores funcionais e pola falta de información en xeral sobre a fertilidade dos cultivares de camelias ornamentais. Neste traballo avaliouse a produción e fertilidade do pole de 15 cultivares de C. japonica para a selección de parentais masculinos que poidan utilizarse na obtención de novos cultivares de interese comercial. Fixéronse mostraxes de flores ás que se lles cortaron as anteras para a obtención do polen, estimándose o peso do polen liberado por cada flor. Leváronse a cabo estudos de xerminabilidade do pole, utilizando pole fresco e conxelado. Os cultivares 'Thelma Dale' e 'Silver Cloud' resultaron os mellores candidatos como parentais portadores de pole para o desenvolvemento de novos cultivares, debido a que producen cantidades suficientes de pole e este posúe unha xerminabilidade superior ao 40%.


1247
Caracterización morfológica y molecular de las poblaciones de Cryphonectria parasitica en castaños de Galicia
BOLETÍN DE SANIDAD VEGETAL
Volumen 34 Nº4 2008 4º Trimestre Pag:581-594


O. Aguín1,D. Montenegro1, M.J. Sainz2, M. Hermida1, J.P. Mansilla1

1 Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra, España
2 Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, Campus Universitario, 27002 Lugo, España

RESUMO: O cancro do castaño, causado por Cryphonectria parasitica, é unha enfermidade amplamente estendida nas zonas de castaño de todo o mundo. As únicas perspectivas actuais para o seu control baséanse no coñecemento das poboacións do fungo nos soutos afectados e a aplicación de cepas hipovirulentas. Realizouse un estudo da bioloxía das poboacións de C. parasitica en castiñeiros das provincias de Lugo e Ourense para coñecer a diversidade dos tipos de compatibilidade vexetativa (vc) e sexual, e a incidencia de cepas hipovirulentas. Obtivéronse 610 illados, que en cultivo, mostraron na súa maioría un fenotipo virulento. Só catro illados da provincia de Lugo presentaron ARNbc, demostrando a presenza de hipovirulencia. A caracterización molecular dos hipovirus determinou que pertencían ao subtipo E de Cryphonectria hypovirus 1 (CHV1-L).

A diversidade da compatibilidade vexetativa foi moi baixa. Atopáronse en total 9 tipos vc, compartindo 5 deles as dúas provincias. Catro tipos foron compatibles con tipos vc europeos coñecidos. Os outros 5 son novos tipos europeos que denominamos E1, E2, E5, E6 e E7. Os tipos vc dominantes en ambas as dúas poboacións foron E1, E2 e E5, abranguendo entre os tres o 97% dos illados. Encontráronse catro cepas hipovirulentas: dous compatibles co tipo vc E1, unha con E2 e outra con E5. O estudo de compatibilidade sexual mostrou que o idiomorfo MAT-1 dominaba en ambas as dúas poboacións.

A reprodución principalmente asexual, xunto coa baixa diversidade de tipos de compatibilidade vexetativa e a presenza de cepas hipovirulentas compatibles cos tipos vc dominantes, son factores que favorecen a aplicación de técnicas de control biolóxico do cancro nos castiñeiros afectados de Lugo e Ourense.


Palabras chave: cancro,Castanea sativacompatibilidade vexetativa, hipovirulencia, mating types.


1249
Diversity of vegetative compatibility types, distribution of mating types and ocurrence of hypovirulence of Cryphonectria parasitica in chestnut stands in NW Spain
Forest Ecology and Management 256 (2008) 973-980


D. Montenegroa, O. Aguína, M.J. Sainzb, M. Hermidaa, J.P. Mansillaa,b

a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra, España
b Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, Campus Universitario, 27002 Lugo, España

RESUMO: Realizouse unha mostraxe extensiva nos castañais do noroeste de España para estudar a bioloxía da poboación de Cryphonectria parasitica co obxectivo de deseñar programas de control biolóxico do cancro do castiñeiro baseados na introdución de cepas hipovirulentas nativas. Obtivéronse 539 asilados de Cryphonectria parasitica, pertencentes a 5 poboacións (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e León). A diversidade de grupos de compatibilidade vexetativa foi moi baixa. Detectáronse seis tipos de compatibilidade vexetativa, mostrando cada unha das poboacións unicamente de 2 a 4 tipos de compatibilidade vexetativa. Dous dos tipos de compatibilidade vexetativa atopados correspondéronse coas cepas de referencia europeas EU1 e EU66, e os outros catro eran tipos de compatibilidade vexetativa non descritos (E1, E2, E3 e E4). E1 foi o tipo de compatibilidade vexetativa dominante nas poboacións de Lugo e Ourense, mentres que EU1 o foi en Pontevedra e León. Os illados hipovirulentos (un total de 15) foron unicamente detectados na poboación de León, deles todos excepto un eran compatibles co tipo de compatibilidade vexetativa EU1. As cepas hipovirulentas pertencían ao subtipo francés F1 pertencente ao subtipo F1 do Cryphonectria hypovirus-1 (CHV1).

O estudo da compatibilidade sexual na poboación de León demostrou que a sinxela estrutura da poboación (reprodución principalmente asexual e baixa diversidade de compatibilidade vexetativa) e a presenza de cepas hipovirulentas compatibles cos grupos de compatibilidade vexetativa dominantes son factores que favorecen a aplicación de medios de control biolóxico para o control do cancro do castiñeiro.


Palabras Chave: Castanea sativa; control biolóxico; virus dsRNA ; cancro do castiñeiro; hipovirulencia; Mating types.


1248
Winter and spring ecology of Anaphes nitens, a solitary egg-parasitoid of the Eucalyptus snout-beetle Gonipterus scutellatus
International Organization for Biological Control (IOBC) 2008


Serena Sontolamazza-Carbone¹, Montserrat Pestaña Nieto¹, Rosa Pérez Otero², Pedro Mansilla Vázquez² and Adolfo Cordero Rivera³

¹ Sección de Fitopatología, Centro de Investigación e Información Ambiental de Lourizán, 36080 Pontevedra, España
² Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra, España
³ Universidad de Vigo, EUET Forestal, Grupo de Ecoloxía Evolutiva e da Conservación, Campus Universitario, 36005 Pontevedra, España

RESUMO: Investigamos os efectos da temperatura, o fotoperíodo, a dispoñibilidade de alimento e a presenza do hóspede e o tamaño do corpo na capacidade de invernación do parasitoide Anaphes nitens Girault (Hymenoptera, Mymaridae) en condicións naturais. Sete grupos de corenta femias recibiron un dos catro tratamentos establecidos (n = 20): (i) mel e hóspedes, (ii) auga e hóspedes, (iii) mel, ou (iv) auga. Sete grupos de corenta machos recibiron unicamente mel ou auga (n= 20). Para comprobar se os días curtos son a principal razón para a latencia larval, o experimento replicouse dentro dunha cámara aclimatada a 20 ºC e cun fotoperíodo invernal. A. nitens entra en latencia debido á quiescencia ou oligopausa que ten lugar dentro do hóspede e co aumento na lonxevidade do hóspede. A mortalidade media de preemerxencia alcanzaba o 26% no interior e o 15,2% no exterior, e afectaba en maior medida aos machos. O momento de desenvolvemento tivo un efecto significativo e positivo no tamaño do corpo. As femias que se alimentaban de mel posuían a maior lonxevidade (53 días). A dieta da nai e o tamaño afectaron ao período de desenvolvemento, tamaño do corpo, lonxevidade e fecundidade da descendencia. Os resultados confirman a adecuada adaptación do parasitoide ás condicións ambientais do noroeste da Península Ibérica e á súa capacidade para sincronizar o seu ciclo biolóxico coa fenoloxía do hóspede.

Palabras Chave: tamaño do corpo, momento de desenvolvemento, lonxevidade, efectos na nai, quiescencia


Primeros Estudios de la Diversidad y Persistencia de Nematodos Entomopatógenos en Suelos de Castaño en Galicia
IInd Iberian Chestnut Congress. Acta Hort. 784, ISHS 2008 Pax:181-186


A. Picoaga¹, A. Abelleira¹ and J. P. Mansilla¹

¹ Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, España

RESUMO: En Galicia, o valor económico do castiñeiro (Castanea sativa Mill.) reside sobre todo no froito, pero a súa produción vese reducida debido ás pragas de insectos que diminúen notablemente a súa calidade e valor comercial. Estudos realizados nesta comunidade mostran que as especies fitófagas que causan maiores danos son: Cydia splendana Hb., Curculio elephas Gyll. e Cydia fagiglandana Zel. Un método alternativo para loitar fronte estas pragas é a utilización de nematodos entomopatóxenos (NEP's) dos xéneros Steinernema e Heterorhabditis. Estes nematodos son parasitos obrigados de insectos e están asociados simbióticamente a unha bacteria que lles permite ser altamente efectivos como bioinsecticidas, matando á larva hóspede en 24-48 h.

Neste estudo realizouse unha mostraxe en solos de castiñeiro para rexistrar a presenza de NEP's adaptados ás nosas condicións climáticas e edáficas, e un ensaio de persistencia en campo, para coñecer o comportamento de diversas cepas de NEP's e a súa posibilidade de aplicación para loitar contra as pragas que afectan ao froito do castiñeiro. Nos solos de mostraxe detectáronse xuvenís infectivos que foron identificados como Heterorhabditis bacteriophora, sendo a primeira vez que se cita esta especie asociada a solos de castiñeiro en España. Os resultados obtidos na proba de persistencia demostran que os xuvenís infectivos sobreviven nos solos, nas condicións estudadas, edáficas, de temperatura e humidade, ata 132 días, tempo suficiente como para entrar en contacto coas pragas que afectan ao froito do castiñeiro.


Palabras Chave: Control biolóxico, Cydia spp., Curculio elephas, Steinernema sp., Heterorhabditis sp.


A selective PCR-based method for the identification of Phytophthora hibernalis Carne
Spanish Journal of Agricultural Research 2008 6(1) Pax:78-84


D. Montenegro¹, O. Aguín¹, C. Pintos¹, M. J. Sainz² and J. P. Mansilla¹²

¹ Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, España
² Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, Campus Universitario, 27002 Lugo, España

RESUMO: A podremia marrón do froito en cítricos ocasiona importantes perdas económicas en pre e post colleita ao redor do mundo. Polo xeral esta enfermidade está provocada por varias especies de Phytophthora. En España, P. citrophthora é o principal causante desta patoloxía, sen embargo nos últimos anos, P. hibernalis Carne foi detectado ocasionando danos en limoeiros e laranxeiras localizadas no noroeste do país. Neste traballo, desenvolveuse un método de PCR para o diagnóstico de P. hibernalis tanto a partir de micelio en cultivo como directamente en lesións de froito. Deseñáronse un par de primers específicos, PHIB1 e PHIB2, a partir de secuencias das rexións ITS1 e ITS2. Estes dous primers amplificaron un fragmento de 407 pb, que foi secuenciado (Acc. No. AY827556). Os resultados demostraron que a amplificación por PCR das rexións ITS mediante os primers PHIB1 y PHIB2 seguida pola secuenciación do ADN permiten unha identificación rápida, selectiva e fiable de P. hibernalis

Palabras Chave: Citrus, diagnóstico, oomicetos, podremia marrón do froito, primers específicos