Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Artículos en Revistas Científicas e Divulgativas » 2010




Lucha oportuna adaptada versus lucha clásica frente al mildiu de la vid en la comarca de O Salnés (D.O. Rías Baixas)
PHYTOMA España, Abril 2010, Nº218, Pax: 50


R. PÉREZ OTERO, P. MANSILLA VÁZQUEZ

Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra. efa@efa-dip.org

RESUMO: O control do mildeu da vide efectuouse tradicionalmente segundo calendarios preestablecidos. Supón un custo económico e ambiental que hai que limitar. A loita oportuna é unha estratexia de racionalización que pode cumprir tal obxectivo; fundaméntase en intervir cando teñan lugar determinadas condicións ambientais en presenza de enfermidade. Experimentouse unha modificación desta estratexia, denominada Loita Oportuna Adaptada, na comarca do Salnés durante 12 anos. Comparada coa loita clásica, logrouse reducir sensiblemente o número de intervencións a realizar cada campaña sen perda algunha de produtividade.

Palabras chave: Control, optimización, Plasmopara viticola.


First Report of Arabis mosaic virus on Grapevine in Spain
Plant Disease Maio 2010, Volume 94, Nº5, Pax: 635


Adela ABELLEIRA1, J. Pedro MANSILLA1, Ventura PADILLA2, Isidro HITA2, Cristina CABALEIRO3, Edson BERTOLINI4, Antonio OLMOS4, F. Javier LEGORBURU5

1Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra, España.
2Instituto Murciano de Investigación y Desarrollo Agrario, E-30150, LA ALBERCA, Spain.
3Escola Politécnica Superior, Universidade de Santiago de Compostela, E-27002, LUGO, Spain
4Instituto Valenciano de Investigaciones Agrarias, E-46113, MONCADA, Spain.
5NEIKER-Basque Institute for Agricultural Research and Development, E-01080, VITORIA/GASTEIZ, Spain.

RESUMO: Arabis mosaic virus (ArMV, xénero Nepovirus, familia Comoviridae) encóntrase xunto co Entrenó curto infeccioso (GFLV), entre os Nepovirus europeos responsable da Dexeneración infecciosa da vide.

Afecta principalmente aos viñedos de Centroeuropa e non fora citado ata o momento en España. Prevíase que podía aparecer polo norte peninsular debido á asociación deste virus coa viticultura de climas fríos. A primeira detección deste virus realízase no noso país, en Galicia na Denominación de Orixe "Rias Baixas, no verán de 2007. Foi detectado en dous viñedos da variedade Albariño, que presentaban síntomas de mosaicos, follas amarelas e corremento nos acios. Tamén foi identificado o seu vector, Xiphinema diversicaudatum (Nematoda: Longidoridae). A segunda detección, realizouse na primavera de 2008, no País Vasco dentro da Denominación de Orixe Rioxa, nun viñedo da variedade Tempranillo, que non presentaba síntomas foliares específicos, pero xa se vira afectando durante o callado. A epidemioloxía do ArMV está condicionada á presenza do seu vector X. diversicaudatum, nematodo polífago, que pode transmitir o virus a diferentes hóspedes tanto leñosos coma herbáceos.

O control desta enfermidade, xunto ás principais viroses da vide, aparece regulada no Regulamento Técnico de Control e Certificación de Plantas de Viveiro de Vide (Real Decreto 208/2003 do 21 de febreiro e a Orde APA/ 2474/2006 do 27 de xullo), co obxectivo de seleccionar material vexetal certificado, exento destas importantes viroses.


First Report of Phytophthora Rot on Alders Caused by Phytophthora alni subsp. alni in Spain
Plant Disease Febreiro 2010, Volume 94, Nº2, Pax: 273
Aceptada publicación o 25-11-2009


C. Pintos Varela, C. Rial Martínez, J.P. Mansilla Vázquez, O. Aguín Casal

Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, 36153 Pontevedra, España.

RESUMO: Phytophthora alni subsp. alni é un patóxeno agresivo que provoca podremias radiculares e de colo a diferentes especies de Alnus situadas fundamentalmente nos bosques de ribeira. O fungo foi citado en numerosos países Europeos, sendo especialmente agresivo en Gran Bretaña, porén aínda que os síntomas asociados á enfermidade, entre os que podiamos citar: follas pequenas, amarelas, exsudados na parte baixa do madeiro que poden alcanzar dous ou tres metros de altura, decaemento e morte da planta, foran xa descritos en ameneiros situados nas ribeiras de numerosos ríos da cornixa Cantábrica, o fungo non se identificara en España ata o de agora.

No presente artigo detállase a identificación, por primeira vez en España de Phytophthora alni subsp. alni, en xullo de 2009 en diferentes puntos do río Avia (Ribadavia- Ourense). A identificación realizouse a partir de mostras de ameneiros que presentaban os síntomas descritos anteriormente. No artigo faise unha pormenorizada descrición morfolóxica do patóxeno confirmándose coa identificación molecular deste, depositándose no GenBank as secuencias de DNA dos nosos illados (n.º de acceso: GU108602 e GU108603). Así mesmo comprobouse a patoxenicidade do fungo inoculando os nosos illados sobre plantas en maceta de A. glutinosa. Por todo iso podemos dicir que se trata da primeira identificación en España de Phytophthora alni subsp. alni realizada en árbores de Alnus glutinosa situados na ribeira do río Avia en xullo de 2009.