Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio »A Estación » Eventos » 2010



XVLI Concurso Exposición Internacional da Camelia

Nota de prensa e fotografías sobre o XVLI Concurso Exposición Internacional da Camelia


Do 26 ao 28 de febreiro no sexto edificio do Museo de Pontevedra celebrouse o XVLI Concurso exposición Internacional da Camelia que contou coa participación de ao redor de 50 expositores.

Ademais dos concursantes, a exposición contou coa participación de varios particulares que mostraron as súas flores fóra de concurso, así como doutro tipo de participación en torno á camelia: ourivaría e xoias, debuxos, cadros e fotografías, postais, selos, etc.

O premio máis importante da exposición, o premio de Camelia de Ouro, ao participante máis destacado outorgóuselle a Xosé Torres Rego, as cultivadoras Carmen Corral Luengo e Carmen González Santaya fixéronse cos premios especiais: "Antonio Odriozola" e o concedido pola Sociedade Española da Camelia. No tocante aos premios á mellor presentación artística recaeron en Lelita Gradín (primeiro) e María Rodríguez.

O resto dos premios recaeron nos seguintes expositores: Fernando Vila Gómez, Eusebio López Redondo e Rosa Crespo Igrexas obtiveron o primeiro, segundo e terceiro premio de camelia reticulata de calquera cor ou variegación; Carmen Costas Alonso, Ana Isabel Calo Torrado e Mercedes Pita Mon, o primeiro, segundo e terceiro premio de híbridos de camelia; Familia de Laura Almuiña e Carlos Comendador Rey, o primeiro e segundo premio de camelia xapónica branca; María Otero del Río e Carmen Corral Luengo, o primeiro e segundo premio de camelia xapónica rosada ou doutras cores; María Cruz Coello e Carlos Comendador Rey, o primeiro e segundo premio de camelia xapónica vermella; Fernando Vila Gómez e María Teresa Díaz o primeiro e segundo premio de camelia xapónica xaspeada ou variegada e Eusebio López Redondo e Manuela Couso Ares o primeiro e segundo doutras especies de camelia.

[Galería de imáxenes]