Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Primeiras Deteccións - Cylindrocladium buxicola

  DETECCIÓN DE Cylindrocladium buxicola Henricot EN GALICIA.

Cylindrocladium buxicola, incluído ata novembro de 2008 na lista de alerta da EPPO (European Plant Protection Organization), provoca unha importante enfermidade foliar que afecta a diferentes especies de Buxus sendo especialmente sensible Buxus sempervirens cv. Suffruticosa. O fungo foi identificado ata a data en diversos países Europeos e en Nova Zelandia, pero ata o momento non se detectara a súa presenza no noso país. A primeira detección do patóxeno en España faise en Galicia en setembro 2008 no noso laboratorio (EFA), sobre plantas en contendor de Buxus spp. procedentes de viveiro non detectándose ata o momento sobre plantas de buxo dos pazos e xardíns galegos.


Os síntomas da enfermidade son manchas circulares ben definidas e escuras na cara e no envés das follas así como liñas negras lonxitudinais nos talos. Se o ataque é grave prodúcese unha forte defoliación. Sobre as manchas foliares e nos ramiños poden observarse as frutificacións do fungo constituídas por conidioforos ramificados portadores de conidios cilíndricos característicos do xénero. A identificación da especie realizouse por técnicas morfolóxicas e moleculares seguindo a primeira descrición da mesma feita por Henricot e Culham no ano 2002.

Síntomas en boj Inoculación de C. buxicola
Síntomas en boj

Inoculación de C. buxicola

Aspecto sobre ramiños
Aspecto sobre ramiños
Clamidosporas
Clamidosporas

Conidioforo
Conidioforo

Conidios e vesícula
Conidios e vesícula