Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Primeiras Deteccións - Phytophthora alni subsp. alni

  DETECCIÓN DE Phytophthora alni subsp. alni EN ESPAÑA.

Cítase unha nova especie de Phytophthora identificada morfolóxica, fisiolóxica e molecularmente, por primeira vez sobre Alnus en España: Phytophthora alni subsp. alni Brasier & S.A. Kirk (Plant disease, 94 (2): 273)

En xullo de 2009, a EFA detecta Phytophthora alni subsp. alni, nunha mostra de ameneiro procedente dunha zona de ribeira (Rio Avia, Ourense) con síntomas de decaemento. Trátase dunha especie de Phytophthora bastante agresiva, que provoca podremias radiculares e de colo a diferentes especies de Alnus situadas fundamentalmente en bosques na ribeira. O fungo, citado en numerosos países europeos, sendo especialmente agresivo en Gran Bretaña, non se identificara en España ata a data, aínda que os seus síntomas, entre os que se poden citar: follas amarelas, pequenas e escasas e exsudados na parte baixa do tronco, que poden acadar dous ou tres metros de altura, foran descritos en ameneiros situados nas ribeiras de numerosos ríos da cornixa Cantábrica.

Tras unha mostraxe detallada en toda a comunidade autónoma galega, o patóxeno foi detectado nas catro provincias.

Árbores de Alnus glutinosa afectados por Phytophthora  alni
Árbores de Alnus glutinosa afectados por Phytophthora alni

Exudados en tronco
Exudados en tronco
Casca de A. glutinosa afectada
Casca de A. glutinosa afectada

Esporanxios non papilados de P. alni subsp. alni   Esporanxios non papilados de P. alni subsp. alni
Esporanxios non papilados de P. alni subsp. alni

Órganos sexuales de P. alni subsp. alni Órganos sexuales de P. alni subsp. alni Órganos sexuales de P. alni subsp. alni
Órganos sexuales de P. alni subsp. alni