Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Primeiras Deteccións - Scaphoideus titanus

  DETECCIÓN EN GALICIA DE SCAPHOIDEUS TITANUS Ball VECTOR DA FLAVESCENCIA DOURADA



A flavescencia dourada é unha agresiva enfermidade da vide provocada por un fitoplasma. As consecuencias inmediatas da súa presenza son perdas de rendemento máis ou menos evidentes; co transcorrer do tempo, se a enfermidade se estende por unha plantación, as cepas acaban sucumbindo na súa totalidade.



O fitoplasma é un patóxeno de corentena para a Unión Europea que xa está presente nalgúns países, con focos no sur de Francia e norte de Italia. En España introduciuse fai dez anos na comarca catalá de l'Alt Empordà. O vector natural da enfermidade é Scaphoideus titanus Ball, homóptero da familia Cicadellidae que non causa danos directos importantes nas viñas pero que por transmitir a enfermidade ten unha importancia económica destacable. En Galicia realízanse programas específicos de detección desde 1999, e ata 2007 non se atopou o vector. Con todo, no mes de setembro dese ano apareceron dous exemplares nunha trampa instalada no concello de Crecente (Pontevedra), o cal esixe un programa de detección e seguimiento máis exhaustivo de cara ao futuro. De calquera xeito, ata o momento non se detectaron síntomas concretos da flavescencia.



Ovipositor

Ovipositor
Scaphoideus titanus

Scaphoideus titanus