Manchas ou excrecencias de forma variable, de cor parda a
marrón escura e aspecto corchoso na superficie do limbo (inicialmente no
envés pero alcanzando finalmente a cara da folla).
Alteración non parasitaria que aparece en plantas que se
desenvolven en condicións de iluminación elevada e que se
manifesta inicialmente en forma dun amarelado ou bronceado do limbo, que afecta
sobre todo á zona central, e que pode chegar a producir zonas mortas
entre os nervios. En casos extremos pode producirse unha defoliación
prematura que leva á morte da planta.