Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Verde Urbano » Camelia - Patóxenos » Ácaros das follas da camelia


Nome científico: Calacarus carinatus (Ácaro púrpura)
Acaphylla steinwedeni (Ácaro laranxa)
Tetranychus urticae (Araña amarela)
Panonychus ulmi (Araña vermella)
Ataca a (spp):
  • Calacarus carinatus: Ademais da camelia, ataca a Viburnum e Spatyphyllum
  • Acaphylla steinwedini: Camelia
  • Tetranychus urticae, Panonychus ulmi: Ambos tetraníquidos son polífagos, pero mentres T. urticae ataca especialmente a plantas herbáceas (hortícolas, ornamentais, espontáneas), Panonychus ulmi prefire as leñosas
Medidas culturais: Realizar unha fertilización equilibrada, evitando especialmente o exceso de nitróxeno
Intervención química: Unha vez confirmada a presenza de colonias de calquera das especies, pódense realizar tratamentos químicos con aceite de verán, amitraz, azufre, dicofol, diazinon, proparxita, tebufenpirad ou fenazaquin entre outros¹

¹ Fonte MAPA.

Observacións: Os ácaros útiles fitoseidos son inimigos naturais dos ácaros fitófagos. Nalgunhas plantas de camelia poden atoparse de forma espontánea, o que debe terse en conta á hora de realizar tratamentos químicos. Ademais, algunhas especies prodúcense comercialmente, como Phytoseiulus persimilis, que é especialmente eficaz no control de T. urticae.