Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Análises e Tarifas » Edafoloxía - Análise de Solos

ANÁLISE DE SOLOS


A mostraxe do solo para realizar unha análise da súa fertilidade debe ser efectuado polo usuario do Servizo. Deberase prestar especial atención a esta tarefa, posto que o solo é un medio heteroxéneo. Adxúntase (anexo 1) o esquema xeral da mostraxe.

i) A norma de partida é a de recoller mostra da capa arable do solo, que será a que recibe a maior parte das emendas ou fertilización e, polo tanto, estará máis modificada polos labores previos.
ii) Ademais, a terra analizada debe ser representativa do espazo en que se alimentan as principais raíces do correspondente cultivo; en xeral, os 20 a 30 cm superiores do solo: a capa arable.
iii) En ocasións, convén recoller separadamente a capa subsuperficial - entre 30 e 60 cm - para coñecer a aptitude potencial do solo.


¿Qué cantidade de mostra se precisa para a análise? É a consulta máis frecuente no noso laboratorio. Serán suficientes de 500 a 1000 gramos para realizar todas as probas que se efectúan a un solo (anexo 2). Pero insistimos en que esta "mostra para análise" proceda dunha cantidade superior, mesturada "a conciencia" nun colector limpo.

Anexo 1. Normas xerais da mostraxe.
Anexo 2. Datos básicos de fertilidade.
Anexo 3. Información da folla de análise.

Tarifas

Os resultados poderán ser enviados por fax, correo electrónico, ou correo ordinario.