Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

10/03/2009

PIÑEIRO
Procesionaria:

Eirugas de Thaumetopoea pytiocampa en procesiónEstanse a producir as procesións de enterramento, para pupar, de Thaumetopoea pityocampa. As eirugas que forman as procesións posúen pelos urticantes, polo que baixo ningún concepto se deben manipular (tamén os cans son moi sensibles).





MACEIRA
Moteado:

Naquelas plantas de variedades moi sensibles como 'Golden' que na anterior campaña tiveron un forte ataque deste fungo pódese aplicar un tratamento preventivo fronte a esta enfermidade cando se acade o estado fenolóxico C3. Para este tratamento utilizarase un funxicida de contacto de tipo captan, mancozeb ou tiram.


FROITEIRAS DE ÓSO
Cribado y Cylindrosporium:

Nos últimos anos, moitas destas froiteiras (cerdeiras, pexegueiros...) están a sufrir, na nosa zona, danos por estas patoloxías fúnxicas. Nestes momentos, boa parte destas árbores froiteiras está en floración. Cando se produza a caída dos pétalos, especialmente se o tempo é húmido, é aconsellable aplicar un tratamento preventivo con dodina ou mancozeb.

ORNAMENTAIS
Insectos chupadores:

Coa chegada do bo tempo, débese poñer moita atención aos agromados novos e tenros destas plantas para detectar o antes posible o ataque de insectos chupadores do tipo áfidos ou cochinillas, e así actuar mentres as poboacións son reducidas.