Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

13/03/2009

VIÑA
Varios:

Coa climatoloxía estable destes días, as viñas están a xermolar e empezamos a recibir numerosas consultas acerca de posibles tratamentos neste momento.

Cneorrhinus dispar - Adulto de pedroulo
A maioría das plantas atópanse aínda no estado C (punta verde) e polo tanto cómpre vixiar o agromado para detectar posibles ataques de acariose ou de curculiónidos tipo pedroulos ou otiorrincos. No caso de detectarse algún problema, cómpre confirmar a causa mediante análise.



Phomopsis viticola (Excoriose) - Síntomas en follaMáis avanzado o desenvolvemento da viña (cando se acade o estado D -follas incipientes-), aconséllase aplicar un tratamento fronte á excoriose naquelas viñas en que se confirme a súa presenza. Utilizarase no tratamento un funxicida de contacto de tipo mancozeb ou folpet.


Polo momento aínda é pronto para iniciar as aplicacións fronte ao mildeu. De feito, aínda non se produciu a maduración da oospora, co que non se dan as condicións intrínsecas ao fungo para que poida producirse a infección primaria (tampouco as condicións ambientais son favorables). A próxima semana volveremos comprobar o estado das oosporas e emitiremos un novo Aviso.