Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

08/04/2009

VIÑA
Mildeu:
Nas dúas semanas nas que realizamos o seguimento ás parcelas da nosa rede, non atopamos ningunha incidencia fitosanitaria.

O desenvolvemento da vexetación é suficiente como para permitir a infección primaria de mildeu, pero non as condicións climáticas nocturnas, debido a que a temperatura é moi baixa. Porén, o risco de que apareza a primeira mancha xa é bastante elevado, polo que se estes días aumentan as temperaturas hai que estar alerta.

No tocante ás demais patoloxías e pragas, o risco de ataque é baixo neste momento.

MANZANO
Oídio e Moteado:

Unicamente se observan algúns gromos illados con oídio (en xeral non se xustifica un tratamento). No caso do moteado, as mesmas condicións desfavorables (baixas temperaturas) que limitan a instalación do mildeu na vide, tampouco son adecuadas para este patóxeno.