Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

17/04/2009

VIÑA
Mildeu:Ver Fotos

Segundo a previsión meteorolóxica, a próxima semana mellorarán as condicións climáticas. Coas precipitacións das últimas semanas, a vexetación xa está suficientemente desenvolvida como para ser receptiva ao mildeu, e se soben as temperaturas é moi probable que aparezan as primeiras manchas. Débese extremar ao máximo a vixilancia, e tratar se aparecen síntomas.


Trazas:Ver Fotos

Xa se teñen capturas de Lobesia botrana e de Eupoecilia (Clysia) ambigüella (a próxima semana comezaremos a publicar as curvas de voo correspondentes). As capturas nas nosas parcelas de seguimento roldan os 25-30 machos, pero non é necesaria a aplicación de ningún insecticida.


MACEIRA
Moteado:Ver Fotos

Ata o de agora non apareceron os primeiros síntomas, pero cando cesen as chuvias é moi probable que se manifeste a enfermidade. Polo tanto, especialmente naquelas variedades máis sensibles como Golden, cómpre aplicar un tratamento cando mellore a climatoloxía.


Pulgón ceniciento:Ver Fotos

Apareceron as primeiras colonias nas maceiras de todas as zonas de seguimento. Un ataque precoz deste áfido pode producir deformación de follas, xemas e froitos, polo que hai que prestar moita atención á evolución das poboacións.


MELOCOTOEIRO
Lepra:Ver Fotos

Despois das chuvias é conveniente aplicar un tratamento cun funxicida a base de ziram (funxicida recomendado polo Ministerio) para protexer as árbores fronte a esta enfermidade.


EVONYMUS
Oidio:Ver Fotos

Ataque intenso de OidioEn zonas relativamente resgardadas das precipitacións obsérvase unha abundante presenza deste fungo. Debido a que as follas cubertas de micelio poden chegar a necrosar, aconséllase a aplicación dun tratamento.