Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

15/05/2009

VIÑA Estado fenolóxico: Acios separados - Botóns florais separados
Mildeu:Ver Fotos

Como agardábamos e anunciabamos no aviso anterior, as condicións climáticas destes últimos días (precipitacións e temperaturas suaves) favoreceron a aparición de manchas de aceite, que xa se atoparon no conxunto das nosas parcelas de seguimento. Nestes momentos da campaña, os acios xa son altamente sensibles á enfermidade (aínda que polo momento non apareceron síntomas) polo que é imprescindible manter as plantas protexidas, utilizando funxicidas sistémicos ou penetrantes para que non sufran lavado polas chuvias (debe transcorrer unha hora sen precipitacións para que os produtos penetren na planta).

Oidio:Ver Fotos

Continúan sen aparecer síntomas. Non é necesario tratar.

Black-Rot: Ver Fotos

Black rot - Detalle de la mancha mostrando PicnidiosNa nosa parcela de seguimento do Condado apareceu a primeira folla con síntomas desta enfermidade, pero polo momento a súa presenza limítase a unha única planta moi localizada.





Trazas:Ver Fotos

Na práctica totalidade das comarcas, os niveis de capturas seguen a ser relativamente elevados para o que é habitual na primeira xeración de trazas na nosa zona. Porén, non aparecen signos da actividade larval. Non é necesario tratar.

Ácaros:Ver Fotos

Do mesmo xeito que advertimos en anteriores avisos desta campaña, non se atopan poboacións de ácaros nin nas nosas parcelas de seguimento nin nas mostras recibidas na Estación. Non é necesario tratar.

MACEIRA
Moteado:Ver Fotos

Manchas incipientes de moteadoAs condicións ambientais dos últimos días favoreceron a aparición de síntomas desta enfermidade (en especial sobre variedades máis sensibles como Golden ou Granny Smith), en folla e tamén nalgún froito illado. Cómpre tratar no caso de que as plantas non estean protexidas por un tratamento anterior.



Cydia pomonella:Ver Fotos

Nas nosas parcelas de seguimento reducíronse as capturas malia non efectuar polo momento a intervención recomendada. Aínda así, continúan no límite do limiar de tolerancia, polo que cómpre tratar no caso de que as plantas non estean protexidas.

Pulgóns:Ver Fotos

Pulgon ceniciento - Síntomas del ataque de PulgonContinuamos a ver colonias de pulgón cinsento nos gromos (tamén de pulgón verde). De feito, este ano as poboacións de áfidos están a ser moi importantes en varios cultivos, polo que cómpre tratar se as follas mostran o enrolado característico do ataque destes insectos.





CÍTRICOS
Pulgóns:Ver Fotos

Colonia de Toxoptera aurantii en brote de limoneroTamén sobre limoeiros, laranxeiras e mandarinas comezamos observar colonias de pulgóns de diferentes especies nos gromos, mostrando xa en ocasións os enrolados de follas. Nestes casos cómpre tratar.