Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

22/05/2009

VIÑA Estado fenolóxico: Botóns florais separados
Mildeu:Ver Fotos

Nesta semana non atopamos novos síntomas da enfermidade nas nosas parcelas de seguimento. En realidade, a agresividade do patóxeno nesta campaña non foi elevada ata o de agora, e de feito ata en parcelas abandonadas é difícil encontrar algunha mancha. En calquera caso, os acios son moi sensibles ás infeccións na proximidade da floración, polo que se debe manter unha vixilancia continua sobre os viñedos, máis considerando a climatoloxía destes días.

Oidio:Ver Fotos

Continúan sen aparecer síntomas. Non é necesario tratar, pero si incrementar a vixilancia debido ás condicións favorables ao desenvolvemento do patóxeno (temperaturas mornas, néboas localmente persistentes e humidade elevada) que se están a rexistrar.

Trazas:Ver Fotos

As capturas de trazas nesta semana non seguiron un patrón homoxéneo: mentres nunhas parcelas se incrementaron, noutras case non se recolleron machos. Ademais, continúan sen aparecer signos de actividade larval. Non é necesario tratar.


Ácaros :Ver Fotos

Polo momento non se atopan síntomas nin poboacións de ácaros. Non é necesario tratar.

Altica:Ver Fotos

Hoja de Albariño con ataque de AlticaHuevos eclosionados y larva de AlticaNun aviso anterior referiramos a presenza de Altica quercetorum na nosa parcela de seguimento de O Condado. Nesta semana vimos novos síntomas e unha maior superficie atacada polo crisomélido. A situación non ten por que ser xeneralizada, pero convén vixiar a aparición da sintomatoloxía característica.




MACEIRA
Moteado:Ver Fotos

Froito con síntomas de moteadoCos tratamentos aplicados segundo a recomendación do aviso anterior se freou o avance da enfermidade. En calquera caso, non se debe descoidar a vixilancia, posto que se manteñen as condicións favorables ao patóxeno e pode verse afectado o desenvolvemento do froito.




Oidio:Ver Fotos

Podosphaera leucotricha - Gromo de maceira con oídioObservamos novos gromos con oídio, situación favorecida polas condicións climáticas actuais. Cómpre aplicar un tratamento.






Cydia pomonella:Ver Fotos

Coas capturas de traza da maceira nas nosas parcelas de seguimento esta semana non se acadou o limiar de tolerancia.


Pulgóns:Ver Fotos

Eriosoma lanigerum -  Pulgón Laníxero parasitadoColonias de pulgón laníxero en maceiraAs intervencións efectuadas segundo as recomendacións levaron á eliminación das colonias de pulgón cinsento e impediron a instalación doutras novas. A partires deste momento, débese ter a precaución de elixir insecticidas o máis inocuos posibles para a fauna útil debido a que xa comeza a observarse claramente a actividade de Eriosoma lanigerum, o parasitoide do perigoso pulgón laníxero da maceira, cuxas poboacións nesta campaña son bastante elevadas.