Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

09/06/2009

VARIOS
Danos por vento:

Os ventos de onte produciron a rotura de gromos novos dalgúns cultivos e mesmo de pólas de árbores de diferentes especies. Estas roturas son esgazaduras, e estas feridas son fonte de entrada para diversos patóxenos. Por isto, recoméndase eliminar os gromos e pólas rotas e aplicar un tratamento cun produto funxicida cicatrizante (tipo captan) tan axiña como cesen as precipitacións..

Pulgóns:

Colonia de pulgón en PopulusColonia de pulgón en cerdeira Continúan a observárense colonias de diferentes especies de pulgón tanto en cultivos agrícolas como en especies ornamentais e forestais. Se se observan os síntomas característicos da súa presenza convén efectuar un tratamento.



VIÑA
Oidio :Ver Fotos

No aviso do día 4 referiamos a aparición dos primeiros síntomas de oídio. Débese recordar que se se aplicou un tratamento con xofre, este é lavado polas chuvias, polo que debe ser renovado inmediatamente (pode empregarse tamén un antioídio sistémico) en canto se estabilice o tempo.

NOGUEIRA
Antracnose :Ver Fotos

Detectamos novos síntomas de antracnose en folla, favorecidos sen dúbida polas condicións chuviosas destes días. Aínda que os tratamentos fronte a esta enfermidade son máis eficaces se se aplican dende o agromoado, cómpre efectuar unha intervención cun produto a base de mancozeb ou miclobutanil.