Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

02/07/2009

VIÑA Estado fenolóxico: Grans tamaño chícharo
Mildeu:Ver Fotos

Racimo en tamaño guisante con ataque de mildiuContinúa a situación de risco extremo debida ás condicións climáticas, pois continuamente estanse a rexistrar condicións moi favorables á infección. De feito, obsérvase mildeu en acio, en maior ou menor medida, en boa parte das parcelas de todas as comarcas (Salnés especialmente). Con esta situación, cómpre renovar as intervencións, utilizando un funxicida cúprico unido a un penetrante, e repetir o tratamento se non se frea o avance da enfermidade. Ademais, coas condicións ambientais actuais e o índice de risco asociado, é máis recomendable que nunca realizar calquera operación cultural que favoreza a ventilación dos acios, como a poda en verde ou o esfollado.

Oidio:Ver Fotos

Non se observan novos síntomas, pero débese manter a vixilancia (ou mesmo tratar), en especial naqueles viñedos con ataques moderados de mildeu.


Black-Rot: Ver Fotos

Daños de black rot en racimoNa nosa parcela de seguimento do Condado apareceron nesta semana os primeiros síntomas en acio, e tamén informáronnos que a mesma circunstancia sucedeu noutras parcelas da comarca. Xeralmente, o patóxeno pode controlarse cos funxicidas antimildeu, pero en casos especialmente graves poden non ser totalmente eficaces.Ver Ficha





Trazas:Ver Fotos

As capturas de machos de trazas nas trampas mantéñense en niveis similares aos da semana anterior, e non se observan penetracións larvarias. Non é necesario tratar.


Mosquito verde e outros cicadélidos:Ver Fotos

Incrementouse lixeiramente o nivel de capturas nas trampas. Tamén se observa un lixeiro aumento nas contaxes directas de ninfas nas follas. Polo momento non é necesario tratar, pero sí incrementar a vixilancia.




MACEIRA
Moteado:Ver Fotos

Manchas incipientes de moteadoAs variedades máis sensibles mostran síntomas da enfermidade nalgunhas zonas. Se as plantas non están protexidas por un tratamento anterior (ter en conta que se se empregaron funxicidas de contacto puideron lavarse coas chuvias) será necesario renovalo.




Cydia pomonella:Ver Fotos

Unicamente tivemos unha captura nunha das trampas instaladas nas nosas parcelas de seguimento. Aínda así, débese vixiar a aparición de posibles síntomas de penetracións larvarias no froito.


Araña vermella:Ver Fotos

Continúan a observarse síntomas evidentes do ataque deste ácaro nalgunhas plantas. Se se realizou un tratamento, cómpre confirmar a súa efectividade por se é necesario renovalo para evitar unha posible defoliación.




FROITEIRAS DE ÓSO
Moniliose:

Estamos a recibir mostras de froitos de ameixeira, nectarina, etc. cos síntomas característicos da presenza de Monilia, favorecido sen dúbida polo rachado da froita debido ás chuvias. Ademais de aplicar un tratamento funxicida (con produtos como folpet ou mancozeb), cómpre retirar os froitos danados e os caídos ao chan.


MILLO
Vermes do arame:

Continuamos a recibir na Estación mostras de millo danadas por estas larvas do solo. Recordar que se poden limitar os seus danos, no caso de confirmarse a súa presenza, aplicando clorpirifos 25 e 48% en pulverización, materia activa rexistrada polo Ministerio para controlar estes insectos unha vez instaladas as plantas.