Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

16/07/2009

VIÑA Estado fenolóxico: Peche do acio
Mildeu:Ver Fotos

As condicións climáticas, que seguen sen estabilizarse, continúan sendo favorables ao desenvolvemento da enfermidade, e de feito nas plantas que non reciben tratamentos continúan a aparecer novos síntomas, tanto en folla como en acio. Nas nosas parcelas de seguimento a enfermidade aparece controlada, pero no laboratorio recibimos numerosas mostras con mildeu non controlado en acio. Por este motivo, e dada a elevada presión da enfermidade dende hai unhas semanas, é conveniente tratar se está próximo a concluír o período de protección do tratamento anterior ou se se observa a aparición de novos síntomas. As intervencións deberán ir dirixidas especialmente á protección dos acios.


Oidio:Ver Fotos

Non apareceron novos síntomas mais que nos acios denominados "netos". Aínda así, se non está protexida a viña e cómpre realizar unha aplicación antimildeu, recoméndase engadir unha funxicida antioídio para protexer os acios neste estado fenolóxico.


Botrite: Ver Fotos

Algúns acios que foron gravemente afectados por mildeu presentan roturas na pel onde pode instalarse este fungo de feridas baixo condicións de elevada humidade. Naquelas viñas en que se observe este fenómeno e/ou naquelas variedades máis sensibles convén aplicar un tratamento preventivo dirixido ao acio.





Trazas:Ver Fotos

Segue a ser baixo o nivel de capturas nas trampas, e non se observan máis que moi puntualmente ovos ou penetracións larvarias. Non é necesario tratar.


Mosquito verde e outros cicadélidos:Ver Fotos

Cicadélidos - Adulto de Zygina rhamni en envésMantense a situación da semana anterior relativa ao incremento de capturas de Zygina rhamni nas trampas. Porén, coas poboacións presentes aínda non se xustifica un tratamento.





Ácaros:Ver Fotos

Calepitrimerus vitis - Síntoma inicial de acarioseEn xeral, os síntomas debidos á presenza de ácaros que se observaran a semana anterior mantivéronse estables. Tamén recibimos as primeiras mostras con individuos de Calepitrimerus vitis (acariose) nas follas. Cómpre incrementar a vixilancia, pero se se observan síntomas e non se realizan seguimentos específicos convén aplicar xa un tratamento.



Enfermidades da madeira:Ver Fotos

Complexo eutypa e complexo yesca - Síntomas en vexetaciónCómpre marcar as plantas con síntomas que apuntan a algunha enfermidade da madeira para poder diferencialas das demais no momento de tomar as medidas oportunas.





MACEIRA
Moteado:Ver Fotos

Manchas incipientes de moteadoUnha vez máis observamos síntomas da enfermidade, especialmente concentrados nas follas máis tenras. Recoméndase manter as plantas protexidas.





Cydia pomonella:Ver Fotos

Capturas de machos de Cydia pomonella nunha semanaO número de capturas nesta semana incrementouse; cómpre aplicar un tratamento para evitar as penetracións larvarias.





Araña vermella:Ver Fotos

Seguimos a recibir mostras, sobre todo de maceiras da variedade Reineta, con abundantes poboacións de araña vermella. Convén tratar se as follas presentan a cor bronceada característica do ataque deste ácaro.


CARBALLO
Altica quercetorum:Ver Fotos

Segundo ia información recibida, estanse a observar en diferentes zonas de Galicia ataques deste coleóptero defoliador. É necesario recordar que os únicos fitosanitarios recomendados polo Ministerio para o control destes insectos en carballo son deltametrin (controla adultos e larvas) e flufenoxuron (fronte a larvas).