|
Kiwi |
|
|
|
Viña, Froiteiras e
Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Plátano de
sombra, Carballo e Piñeiro |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Carballo e
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Carballo e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e Carballo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Varios
cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Froiteiras de óso e
Millo |
|
|
|
Viña, Maceira e Millo |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Varios, Viña e Nogueira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios cultivos e diversas
especies forestais |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Cítricos |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro e
Camelia |
|
|
|
Viña kiwi e Camelia |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro e
Evonymus |
|
|
|
Viña, Varios Cultivos, Kiwi, Carballo e
Camelia |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Carballo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Piñeiro, Maceira, Froiteiras de óso e
Ornamentais |
|
|
|
Froiteiras, Viña e Mantemento da
maquinaria |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
27/08/2009
VIÑA Estado fenoloxía:
Maduración |
Mildeu: |
Efectivamente, nas manchas presentes nos
gromos novos desenvolveuse esporulación como consecuencia da humidade e
da precipitación fina que de forma máis ou menos localizada se
presentou. En calquera caso, en xeral non se viron máis manchas, pero
como comentamos no aviso anterior, pode reducirse a infección eliminando
o exceso de vexetación nova, ou ben aplicando un tratamento
cúprico se existe risco de defoliación por un ataque forte a
follas e pámpanos.
|
Oidio: |
Nalgunhas parcelas
observouse un incremento na porcentaxe de follas ocupadas por oídio,
pero non é necesario tratar debido a que o fungo xa non afecta ao acio e
non pode comprometer a cantidade nin a calidade da colleita.
|
Botrite:
|
O incremento na
humidade ambiental provocado polos orballos nocturnos e polo clima pouco
estable destes días implica un maior risco de infección por este
patóxeno (ademais, tamén as temperaturas son favorables). A
situación difire segundo as variedades e o estado sanitario da uva:
naquelas máis sensibles de tipo Treixadura e nas viñas con
danos de traza, paxaros (xa frecuentes neste momento), etc. é
necesario tratar, considerando que deben transcorrer polo menos 21
días entre o tratamento e a vendima. Nas demais
situacións, especialmente se a uva está libre de feridas ou
lesións, pode obviarse esta intervención.
|
Trazas: |
Se no aviso anterior
anunciabamos que se iniciara o voo da terceira xeración de Lobesia
botrana nas bisbarras do Roseira e O Condado, nesta fíxoo nunha das
nosas parcelas do Salnés (a situada en Castrelo). Xeralmente as larvas
desta xeración non causan danos importantes debido á proximidade
da vendima, polo que en xeral (salvo que exista en torno a un 5% de acios con
penetracións larvarias) non será necesario
tratar.
|
Mosquito verde e outros
cicadélidos: |
Capturamos poucos adultos de Empoasca vitis e de
Zygina rhamni nas trampas instaladas nas nosas parcelas de seguimento, e
tampouco se observan adultos en voo nin ninfas nas mostraxes directas nas
follas. Porén, volvemos recoller adultos de Scaphoideus titanus,
aínda que en baixo número.
|
Altica: |
Se
manteñen en niveis estables as poboacións deste coleóptero
na nosa parcela de seguimento do Condado, con danos lixeiros ocasionados
nalgunhas plantas localizadas
|
Ácaros: |
En xeral, xa non se
observan danos por estes artrópodos e a presenza de poboacións
nas mostraxes que realizamos ás follas son testemuñais. En
caso de que puntualmente se considere necesario tratar débese
poñer atención ao prazo de seguridade do acaricida
escollido.
|
Outros: |
O tempo soleado que se rexistra algúns días de
agosto está a provocar a aparición de danos de "golpe de
sol" nos acios máis expostos. Estes danos non son polo tanto
causados por patóxeno algún e non requiren
tratamento.
|
MACEIRA |
Moteado: |
A posibilidade de infeccións producidas por este
patóxeno increméntase coas condicións climáticas
destes días pero, salvo que nas plantas xa se tivesen detectado ataques
de certa intensidade, os danos que se esperan ata a recolección xa non
son importantes. Non é necesario tratar.
|
Cydia
pomonella: |
Tanto na
nosa parcela de Areeiro como en Soutomaior recolléronse dous adultos nas
trampas instaladas. Estas cifras son próximas ao limiar de tolerancia
pero polo momento non se observan danos. En función da data prevista de
recolección pode ser interesante aplicar un tratamento, posto que a
actividade larvaria e polo tanto a posibilidade de danos permanece ata a mesma
colleita (recordar que xa pode iniciarse a instalación de trampas nos
troncos para capturar larvas invernantes).
Ver Consello
Fitosanitario
|
Pulgón Laníxero: |
Polo
menos na bisbarra de Pontevedra xa practicamente non se observan colonias de
pulgón laníxero non parasitadas. De feito, os niveis de
parasitismo por Aphelinus mali continúan
incrementándose.
|
Araña vermella: |
Non se
observaron novas poboacións deste ácaro nas nosas parcelas de
seguimento. En caso de que puntualmente existan danos e a colleita estea
próxima, aconséllase non tratar, pero si o facer despois da
recolección, pois é conveniente reducir as poboacións para
diminuír o nivel de femias que depositen ovos
invernantes.
|
PEREIRA |
Monilia: |
Obsérvase nalgunhas árbores froitos con presenza
deste fungo que penetra por feridas de calquera natureza. Recórdase que
é conveniente eliminar os froitos afectados (a igual que os
caídos ao chan) para evitar danos á froita en maduración e
reducir o inóculo para o ano próximo.
|
CARBALLO |
Altica
quercetorum: |
Volta a
observarse actividade deste defoliador en carballos de certas zonas da
provincia de Ourense.
|
PIÑEIRO |
Procesionaria: |
Non
capturamos ningún adulto nesta semana na trampa que temos instalada para
coñecer o voo deste defoliador.
|
|