Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

31/08/2009

VIÑA Estado fenoloxía: Maduración
Botrite: Ver Fotos

As néboas que se están a rexistrar dende hoxe en día 31 xeran condicións favorables ao establecemento de botrite sobre a uva en maduración. Ademais, a previsión meteorolóxica anuncia tempo relativamente inestable, con probabilidade de chuvias, para os próximos días, o que incrementa sensiblemente as posibilidades de instalación do fungo. Por estes motivos aconséllase aplicar un tratamento preventivo, especialmente en variedades sensibles ou en viñedos con penetracións de traza ou outras lesións, considerando que para o control desta enfermidade existen funxicidas con distintos prazos de seguridade, dende 7 ata 35 días, e que estes prazos deben ser respectados.