Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

03/09/2009

  • Debido á proximidade da vendima e da recolección da froita, o presente Aviso Fitosanitario é o último que emitiremos de forma semanal durante a presente campaña. Porén, seguiremos publicando, sen unha periodicidade definida, informacións fitosanitarias e consellos prácticos que poidan axudar a mellorar o estado sanitario dos cultivos.
  • Queremos agradecer aos viticultores e propietarios das parcelas da rede de seguimento que ano tras ano permitan que desenvolvamos a nosa experiencia nas súas parcelas, pois sen a súa colaboración non sería posible a emisión dos Avisos. Tamén queremos expresar o noso agradecemento aos técnicos e colaboradores que nos proporcionaron os seus datos. E por suposto, a todas as persoas que nos seguiron durante estas semanas.
VIÑA Estado fenoloxía: Maduración
Mildeu:Ver Fotos

As manchas presentes nos gromos novos non evolucionaron e non se espera defoliación destes. Despois da vendima (en calquera momento antes da caída da folla) é aconsellable aplicar un tratamento cúprico naqueles terreos en que exista unha importante densidade de síntomas para reducir o nivel do inóculo invernante.

Botrite: Ver Fotos

Instalación de botritis en acioComo indicamos no aviso publicado o luns día 31, naqueles viñedos onde aínda sexa posible por non existir restricións de tempo por parte das adegas, cómpre asegurar a protección fronte a este fungo mediante a aplicación dunha funxicida antibotrítico (hai os con prazo de seguridade de 7 días e 14 días) para evitar os problemas derivados da posible instalación deste fungo na fermentación do viño. No caso de non poder xa intervir, débese asegurar no posible a correcta aireación dos acios.

Trazas:Ver Fotos

Nesta semana as capturas de machos de Lobesia botrana reducíronse en todas as parcelas, sendo máis ben testemuñais.

Mosquito verde e outros cicadélidos:Ver Fotos

Scaphoideus titanus capturado en trampa cromáticaMantense a captura de adultos de Scaphoideus titanus nalgunhas parcelas da bisbarra do Condado, onde tamén se observou un lixeiro incremento das poboacións de Empoasca vitis.





Ácaros:Ver Fotos

Nestes momentos, as poboacións destes artrópodos son, en xeral, reducidas ou nulas. Naquelas parcelas en que se tivese confirmado a súa presenza en campaña por enriba dos albores de tolerancia aconséllase a aplicación dun acaricida despois da vendima para reducir as formas invernantes.

MACEIRA
Moteado:Ver Fotos

En xeral, xa non será necesaria a aplicación de ningunha funxicida antes da recolección da froita, pero é aconsellable antes da caída da folla nas variedades máis sensibles.

Cydia pomonella:Ver Fotos

Nestes momentos da campaña a medida fitosanitaria máis aconsellable en relación a esta praga responsable do abichado das mazás é a instalación de trampas nos madeiros para capturar larvas invernantes (recordar que estas trampas deben ser destruídas en inverno).


Ver Consello Fitosanitario

Pulgón Laníxero:Ver Fotos

Colonia de pulgón laníxero fortemente parasitadaPolo menos na bisbarra de Pontevedra xa practicamente non se observan colonias de pulgón laníxero non parasitadas.





Araña vermella:Ver Fotos

Aspecto bronceado das plantas por ataque de araña vermellaDebido a que nesta campaña se rexistraron fortes ataques de Panonychus ulmi nalgunhas variedades, despois de recoller a froita e antes da caída da folla aconséllase a aplicación dun acaricida para diminuír o nivel de femias que depositen ovos invernantes.




PEREIRA E MACEIRA
Monilia:

Monilia sp - Mazás con ataque caídas ao chanFroito con ataque de MoniliaObsérvase nalgunhas árbores froitos con presenza deste fungo que penetra por feridas de calquera natureza. Recórdase que é conveniente eliminar os froitos afectados (a igual que os caídos ao chan) para evitar danos á froita en maduración e reducir o inóculo para o ano próximo.



PLÁTANO DE SOMBRA
Corythuca ciliata:Ver Fotos

Adultos e ninfas no envés da follaSíntomas iniciais no haz dunha folla de plátanoEn los árboles de las alamedas, parques, etc. de varios concellos de Galicia se observan ataques moderados de este insecto. Para su control, los insecticidas recomendados por el Ministerio son los piretroides alfa-cipermetrin y deltametrin.



CARBALLO
Altica quercetorum:Ver Fotos

Adultos de Altica en folla de carballoVolve observarse actividade deste defoliador en carballos de certas zonas da provincia de Ourense.






PIÑEIRO
Monochamus galloprovincialis:Ver Fotos

Exemplar macho de Monochamus galloprovincialisExemplar femia de Monochamus galloprovincialisRecollemos nesta semana os primeiros adultos deste insecto, vector de Bursaphelenchus xylophilus (nematodo da madeira do piñeiro, aínda non detectado en Galicia) en trampas instaladas na zona fronteiriza Pontevedra-Portugal e no municipio de Campo Lameiro.