Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

11/11/2009

VIÑA
Tratamento antes da caída da folla:

Plasmopara vitícola - Mildeu en mosaicoDada a agresividade que presentou o mildeu na campaña, recoméndase que, en canto finalicen as chuvias e antes da caída total da folla, se efectúe un tratamento cun composto de cobre. Con esta intervención limítase a formación das oosporas ou estruturas de conservación invernal do fungo.




Intervención en terreos con enfermidades da madeira:

Síntomas en vexetaciónNos avisos fitosanitarios de final de campaña, recomendaramos que se marcasen as plantas que manifestaran síntomas de enfermidades da madeira. Coa vendima concluída e antes de iniciarse a poda, é conveniente confirmar, mediante análise, que efectivamente a sintomatoloxía observada se debe a algunha destas patoloxías (na EFA estamos á súa disposición para realizar as análises oportunas). Tanto en caso de confirmarse coma se non se procede deste modo, será conveniente a adopción das seguintes medidas na poda:
  • deixar a poda destas plantas para o final, asegurándose de realizala en tempo seco.
  • eliminar o máximo posible a zona afectada da planta, ata que a madeira apareza sanda ao corte (non sempre será posible).
  • aplicar nos cortes grandes unha pasta funxicida
  • desinfectar entre planta e planta os útiles de poda con auga osixenada (recomendable en todos os casos).
FROITEIRAS
Tratamentos de outono-inverno:

As condicións climáticas da nosa zona son, como é sabido, favorables ao desenvolvemento dos fungos (moteado en froiteiras de pebida, diversos fungos foliares nos de óso, etc). Fronte a estes patóxenos xeralmente intervense durante o período vexetativo pero tamén nestes momentos, en que se están a formar os órganos invernais de conservación, é altamente recomendable intervir. En xeral, pódense realizar ata tres tratamentos en outono-inverno, utilizando en todos os casos funxicidas cúpricas que deben ser aplicadas a doses altas e sen que exista risco de xeadas.

MACEIRA
Cydia pomonella:Ver Fotos

Colocación de trampa para Cydia pomonella - Trampa (refuxio) instaladaNestes momentos xa poden retirarse, e destruírse, as bandas de cartón ondulado que se instalen nos madeiros das árbores a finais do verán como trampas invernais para as eirugas deste lepidóptero.