Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

04/02/2010

PIÑEIRO
Procesionaria:

Eirugas de Thaumetopoea pytiocampa en procesiónNalgúns lugares da provincia xa se iniciaron este ano as procesións de soterramento das eirugas da procesionaria do piñeiro (Thaumetopoea pityocampa), o que supón un adianto dun mes con relación ao ano anterior. Débese recordar que estas eirugas posúen pelos urticantes que dispersan cando "son molestadas", producindo reaccións alérxicas e inflamatorias. No caso de animais domésticos como cans, chegan mesmo a xerar necrose nos tecidos da boca, e de feito informáronnos de que xa se viron este tipo de situacións nestes días. Polo tanto NON SE DEBEN MANIPULAR BAIXO NINGÚN CONCEPTO. Porén, de observaren procesións nos xardíns das vivendas por posuír piñeiros ou outras especies sensibles, resulta interesante evitar o enterramento das eirugas para evitar que continúen o ciclo da especie; para iso pódese, ben aplicar un insecticida de tipo deltametrin ou ben impedir mecanicamente o proceso, UTILIZANDO EN AMBOS os dous CASOS TODAS AS PROTECCIÓNS POSIBLES PARA EVITAR OS DANOS QUE REFERIMOS.