Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

08/03/2010

A climatoloxía deste inverno foi un tanto peculiar, pero nos últimos días de febreiro rexistráronse temperaturas bastante suaves que levaron a que nalgunhas zonas se estean a observar os primeiros signos do inicio da actividade das variedades máis precoces dalgúns cultivos. A previsión meteorolóxica anuncia para os próximos días clima soleado pero con baixas temperaturas, o que pode atrasar a brotación, pero aínda así débese iniciar a atención sobre os cultivos.

MACEIRA
Moteado:Ver Fotos

Manchas incipientes de moteadoCo inicio do agromado empeza a existir risco de infeccións por moteado, que poderá producirse cando se xunten temperaturas suaves e clima húmido. Esta enfermidade pode provocar a perda de froitos en variedades sensibles como Golden, polo que é aconsellable aplicar un tratamento preventivo con mancozeb, folpet ou tiram (entre outros) cando se alcance o estado fenoloxía C3 (entre xema inchada e aparición de botóns florais).


PEREIRA E AMEIXEIRA
Hoplocampa:Ver Fotos

Trampa adhesiva para captura de adultos de HoplocampaEste insecto incrementou a súa presenza nas últimas campañas ata o punto de que xa é frecuente observar as graves consecuencias dos seus ataques: aborto floral e caída de froitos recén callados. Por este motivo, aconséllase neste momento a colocación de trampas adhesivas de cor branca para atrapar as femias e reducir así a posta de ovos, así como a aplicación dun tratamento insecticida inmediatamente despois da caída dos pétalos, mollando ben a zona das flores. No caso da pereira, este tratamento tamén pode limitar os ataques de psila..


FROITEIRAS DE ÓSO
Varios patóxenos:

Algunhas variedades ornamentais xa encóntranse en plena floración nalgunhas zonas pero non así aquelas de froito que, en xeral, só mostran as xemas inchadas. Estas froiteiras están a sufrir nos últimos anos danos por diversos patóxenos, que este ano poden incrementarse pola excesiva humidade que houbo en inverno. Por iso aconséllase a aplicación dun funxicida de contacto (de tipo captan ou dodina1) cando se produza a caída dos pétalos, especialmente se volve o tempo húmido.

¹ Segundo a última Revisión de substancias activas de produtos fitosanitarios aceptadas, excluídas e en revisión comunitaria, a dodina encóntrase en situación de retirada voluntaria, pero pódese comercializar polo menos ata o 30/06/2011.

VIÑA
Excoriose:Ver Fotos

Estado fenoloxía D - Follas incipientesPhomopsis viticola (Excoriose) - Síntomas en baceloNa maioría das zonas aínda non se iniciou o agromado da viña e polo tanto non é necesario realizar ningún tratamento fitosanitario. Pero informáronnos de que nalgunhas bisbarras xa se está a iniciar o período vexetativo. Daremos puntualmente novas informacións en canto se xeneralice esta situación, pero naqueles viñedos máis adiantados débese considerar que no estado fenoloxía D (follas incipientes) é o momento de aplicar un tratamento fronte á excoriosis cunha funxicida de contacto de tipo mancozeb ou folpet.
KIWi
Bacteriose:Ver Fotos

Pseudomona syringae -Ataque de Pseudomona syringae en kiwiNo momento do agromado, a problemática fitosanitaria que maior incidencia adoita ter na nosa zona son as enfermidades provocadas por bacterias do xénero Pseudomonas. Dado o estado fenoloxía máis común nestes momentos, aínda é pronto para actuar, pero débese poñer atención á aparición dos novos gromos.