Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

23/04/2010

VIÑA
Mildeu:

Primera mancha de aceite encontrada en O Salnés 2010Localizamos nesta semana as primeiras manchas de aceite na bisbarra de Salnés (tamén nos informaron da súa presenza nunha parcela do Condado). As manchas son moi recentes e presentan unha esporulación só incipiente, aínda que coas condicións ambientais que se rexistran continuarán o seu desenvolvemento se non se intervén. Polo tanto, naquelas parcelas en que o desenvolvemento do viñedo permita xa a instalación da mera, será necesario tratar.


VARIAS FROITEIRAS
Zeuzera pyrina: Ver Fotos


Estamos a recibir numerosas mostras de froiteiras con danos do trade amarelo Zeuzera pyrina. Trátase dun lepidóptero cuxas eirugas se introducen na medula das pólas, secándoas, e provocando a súa rotura polos ventos fortes. No caso de danos esporádicos pódese introducir polo orificio de penetración un arame para eliminar a larva, pero se o ataque é máis importante debe combinarse esta práctica co seguimento do voo do adulto en trampas de feromonas, intervindo nos picos de voo.

FROITEIRAS DE PEBIDA

Oidio - Síntomas en follaEstán a aparecer os primeiros síntomas de oídio nalgúns destes froiteiros (maceira ou marmeleiro por exemplo). De momento só apareceron en plantas esporádicas e unicamente nalgunha folla terminal. Se continúa o avance da enfermidade será necesario tratar.




CÍTRICOS

Ceroplastes sinensis - NinfaEstamos a localizar as primeiras colonias de pulgóns (varias especies) nos gromos máis tenros, pero polo momento non é necesario tratar (en xeral). Por outra banda, diferentes especies de cochinillas están neste momento en estado de ninfas novas, co que é un bo momento para aplicar un tratamento insecticida fronte a estes insectos chupadores.