Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

30/04/2010

VIÑA
Mildeu: Ver Fotos

Primeira mancha de Mildeu en O Condado 2010Nesta semana encontramos as primeiras manchas de aceite na nosa parcela de seguimento do Condado, pero non se localizaron na do Rosal nin tampouco en máis parcelas do Salnés. En calquera caso, a previsión meteorolóxica anuncia tempo relativamente inestable para os próximos días, co que se recomenda prestar atención á potencial aparición de novos síntomas, e tratar en caso de que se detecten.


Oidio: Ver Fotos

Aínda non se localizaron os primeiros signos da enfermidade en ningún terreo. De feito, se consideramos as datas de detección de síntomas dos anos anteriores, é moi pronto para que se detecten, aínda que tendo en conta que as condicións climáticas destes días están a favorecer a aparición doutras especies de oídio en numerosos cultivos, recoméndase iniciar a vixilancia.

Trazas: Ver Fotos

Adultos de Lobesia botranaEupoecilia ambigüellaA estratexia máis eficaz para o control das trazas do acio é combinar o seguimento en trampas de feromona sexual coa detección de síntomas en flores e acios. Por este motivo, recoméndase instalar aquelas trampas para detectar o voo dos adultos da primeira xeración (ou prestar atención á publicación dos seguintes Avisos Fitosanitarios).


Ácaros:

Ata o de agora non se atopan síntomas, nin tampouco recibimos na Estación mostras con presenza destes artrópodos. Débese recordar que non é conveniente aplicar acaricidas salvo que sexa necesario: se se fai, reducirase a fauna útil que pode controlar as pragas de ácaros de forma natural.

MACEIRA
Moteado: Ver Fotos

Non atopamos aínda as primeiras manchas desta enfermidade. Manter a vixilancia, en especial se se producen precipitacións.

Oidio: Ver Fotos

Podosphaera leucotricha - Gromo de maceira con oidioSeguen a aparecer novos síntomas, especialmente en variedades sensibles. Aínda non vimos plantas en que se alcanzase o limiar de tolerancia, pero é moi posible que se alcance nos próximos días se se mantén a climatoloxía destes días (nebulosidade). Por este motivo, cómpre tratar.



MELOCOTOEIRO
Lepra: Ver Fotos

Taphrina deformans - Lepra do melocotoeiroEstamos a recibir na Estación varias mostras con fortes ataques desta enfermidade. A mellor estratexia para o control deste fungo inclúe tratamentos invernais e ao comezo do movemento do zume, pero aínda se poden reducir os danos aplicando, en vexetación, tratamentos a base de ziram ao 76% (nestes momentos é o único funxicida recomendado polo Ministerio para este uso en melocotoeiro).


EVONYMUS E OUTRAS ORNAMENTAIS
Oidio: Ver Fotos

Evonimo (Oidio) - Manchas incipientes de OidioEstanse a detectar os primeiros ataques en varias plantas sensibles como son Evonymus ou roseira. É necesario tratar para evitar o avance da enfermidade.