Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio »Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

07/05/2010

VIÑA Estado fenolóxico: Acios visibles - Acios separados
Mildeu: Ver Fotos

Primeira mancha de mildeu no Rosal 2010Primeira mancha de mildeu en Soutomaior 2010Detectamos as primeiras manchas de aceite nas nosas parcelas de seguimento do Rosal e Soutomaior. Nos demais terreos, cos tratamentos efectuados, non houbo avance da enfermidade. Non obstante, a previsión meteorolóxica anuncia tempo inestable para os próximos días, polo que hai que permanecer alerta ante a posible aparición de novos síntomas e tratar en caso de que se detecten.


Black rot: Ver Fotos

Black rot - Detalle da mancha mostrando picnidiosApareceu no Condado unha folla con síntomas desta enfermidade, que polo tanto se manifesta antes que na campaña anterior. Aínda non é necesario tratar, pero hai que incrementar a vixilancia en previsión de que as condicións climáticas favorezan novas infeccións.




Trazas: Ver Fotos

Trampa delta para a captura de machos de polillas en viñaAdemais da instalación de trampas para a captura dos machos destas especies, débese empezar a poñer atención aos acios para detectar os primeiros signos de actividade larval naquelas parcelas en que o estado fenolóxico estea máis avanzado.





Ácaros:

Panonychus ulmi - Ovo de Panonychus ulmi en folla de videiraRecibimos na Estación as primeiras mostras de follas da bisbarra do Salnés con presenza de ovos e formas móbiles (larvas) de araña vermella Panonychus ulmi. Polo momento só se trata dun ataque moi puntual, que por suposto non alcanza o limiar de tolerancia, polo que non é necesario tratar pero si incrementar a vixilancia (de acariose non detectamos aínda síntomas nin individuos).



MACEIRA
Moteado: Ver Fotos

Manchas incipientes de moteadoAtopamos os primeiros síntomas da enfermidade na nosa parcela de seguimento de Soutomaior sobre plantas que todos os anos mostran fortes signos de infección como consecuencia da súa elevada sensibilidade ao patóxeno. Ademais, tendo en conta que, segundo a previsión meteorolóxica, haberá condicións favorables nos próximos días, será necesario tratar.



Oidio: Ver Fotos

Podosphaera leucotricha - Gromo de maceira con oidioNaquelas parcelas en que se interveu fronte ao patóxeno débese considerar que se o tratamento foi realizado cun produto a base de xofre poderá ter sido lavado coas precipitacións que se están a rexistrar e que haberá que renovalos, pois en plantas testemuña que mantemos sen tratamento continúan a aparecer síntomas.



MELOCOTOEIRO
Lepra: Ver Fotos

Taphrina deformans - Lepra do melocotoeiroContinuamos a recibir na Estación mostras con fortes ataques desta enfermidade. Para frear o seu avance débense aplicar tratamentos a base de ziram ao 76%, renovándoos no caso de que se produzan chuvias.




CAMELIA
Pulgóns:Ver Fotos

Colonia incipiente de Toxoptera aurantiiDetectamos as primeiras colonias de Toxoptera aurantii sobre os novos crecementos. Ata o de agora a súa presenza é puntual e non se esperan incrementos poboacionais significativos se, como anuncian as previsións, a climatoloxía permanece inestable, pero aínda así cómpre permanecer alerta.




Chloropulvinaria floccifera: Ver Fotos

Chloropulvinaria floccifera (Cochinilla algodonosa da camelia) - Ninfas en gromo Tamén observamos as primeiras ninfas e femias novas desta especie. Debido a que só atopamos individuos illados non é urxente a aplicación dun tratamento, pero hai que poñer máxima atención á aparición de novos individuos.