Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

18/06/2010

VIÑA Estado fenolóxico: Callado - (Grans tamaño chícharo)
 
Logo das precipitacións da semana precedente e de épocas anteriores, o desenvolvemento da vexetación é moi elevado, polo que é un bo momento para realizar unha poda en verde se aínda non se efectuou, pois facilitará a aireación dos acios sen prexudicar ao crecemento destes.

Mildeu: Ver Fotos

As condicións climáticas desta semana non favoreceron a evolución da enfermidade. Ben é certo que a práctica totalidade dos terreos recibiu un tratamento nos últimos días, pero a ausencia de novos síntomas se rexistra igualmente nas plantas que mantemos sen intervención ningunha en toda a campaña. Aínda así, estamos a recibir consultas sobre situacións puntuais con presenza de mildeu mesmo en acio, como consecuencia dun mal control anterior. Por iso, aconséllase comprobar a eficacia do último tratamento e renovalo (con outro funxicida ou co mesmo) no caso de non conseguir frear o avance do patóxeno.

Oidio: Ver Fotos

Uncinula necator - Comezo dos síntomasNo aviso anterior referiramos que se achegaba o momento en que adoitan observarse os primeiros síntomas da enfermidade. Pois ben, nesta semana vimos as primeiras follas con micelio do fungo na bisbarra do Salnés. Porén, trátase dun terreo relativamente sombreado e polo tanto non é a situación máis xeneralizada, polo que decidimos non intervir e vixiar a evolución da enfermidade.



Botrite: Ver Fotos

O tempo seco e os ventos que se rexistraron nestes días son condicións desfavorables á instalación desta enfermidade, e non se viron síntomas nin sequera nas variedades máis sensibles. Ademais, coa poda en verde recomendada ao inicio deste aviso será maior a ventilación dos acios e isto, unido á permanencia do tempo estable que anuncia a previsión meteorolóxica, fará que o risco de infección sexa moi baixo.

Trazas: Ver Fotos

Os niveis de capturas nas nosas parcelas de seguimento foron aínda máis baixos esta semana que na revisión anterior.

Cicadélidos :Ver Fotos

Cicadélidos - Larva de CicadélidoDo mesmo xeito que no caso das trazas, tamén se reduciron as capturas de cicadélidos nas trampas cromáticas amarelas nas nosas parcelas de seguimento. En calquera caso se recomenda non descoidar a vixilancia, pois xeralmente as poboacións se incrementan a partir deste momento.




Altica:Ver Fotos

Larvas de Altica quercetorum en folla de viñaSíntomas causados pola alimentación de Altica sp. en viñedoNa revisión desta semana viuse como se incrementaron os danos debidos á alimentación das larvas na parcela de seguimento do Condado. Aconséllase revisar as plantacións da zona á procura da súa característica sintomatoloxía.




Ácaros:

Continúan sen aparecer síntomas de ácaros nas nosas parcelas de seguimento, e tampouco observamos individuos nas mostras que cada semana recibimos na Estación. Non tratar de momento fronte a estes artrópodos (a menos que estea confirmada a súa presenza).

MACEIRA
Moteado: Ver Fotos

Non se observaron novos síntomas, e tamén as condicións desta semana non favoreceron as infeccións. En calquera caso é importante manter a vixilancia.

Cydia pomonella: Ver Fotos

Capturas de machos de Cydia pomonella nunha semanaSe superou novamente o limiar de tolerancia por número de capturas de adultos nas trampas en diversas bisbarras. Cómpre aplicar un tratamento





CHOPO
Melasoma populi: Ver Fotos

LarvaLarvas alimentándose en follaEn diferentes zonas estanse a observar ataques deste crisomélido do chopo. Recoméndase vixilancia e tratar cun insecticida rexistrado no caso de que se detecten as larvas.