Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

02/08/2010

VIÑA
Mildeu: Ver Fotos

Mancha de aceite con esporulación iniciándose xunto a unha mancha sen esporulaciónA semana pasada referiamos, nos dous avisos publicados, a existencia de manchas incipientes de mildeu en follas novas dos novos crecementos, e comentabamos que non se encontraban esporuladas, o cal era lóxico ao non se cumprir en absoluto as condicións de esporulación. Pois ben, nas dúas últimas noites cambiou a climatoloxía, e xa se rexistra humidade foliar, o cal está a dar lugar a que se empecen a observar timidamente as frutificacións do fungo, que sen dúbida contribuirán a que se disemine a enfermidade. Coa cora iniciándose é pouco probable que esta infección poida afectar aos acios, pero aínda así convén non descoidar a vixilancia, pois podería ser necesaria unha intervención para evitar unha posible defoliación no caso de que se rexistren precipitacións.

Oidio: Ver Fotos

Micelio de oídio desenvolvéndose en acioIgualmente, vimos novos signos da enfermidade, neste caso tanto en folla coma en acio. Debido a que aínda non se alcanzou completamente a cora, cómpre manter a vixilancia e comprobar como evoluciona a enfermidade, pois podería ser necesario intervir en casos puntuais.