Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio »Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

05/08/2010

VIÑA Estado fenolóxico: (Peche acio)-Envero
Mildeu: Ver Fotos

Mancha de aceite con esporulación iniciándose xunto a unha mancha sen esporulaciónConfírmase a situación referida no aviso publicado o luns día 2: obsérvanse, de xeito puntual, manchas de aceite con esporulación incipiente nalgúns gromos de parcelas de todas as bisbarras. En xeral trátase de gromos illados e cunha ou dúas manchas por folla, sempre sen esporulación evidente (mesmo nas plantas que mantemos sen tratamentos), situación favorecida polas condicións climáticas de calor e ventos do norte, que parece que se van manter. Debido a que o envero está máis ou menos estendido (máis no Condado no Rosal, situación intermedia no Salnés e menos avanzado en Soutomaior) xa non se esperan danos nos acios, pero polo momento é cedo para falar xa do fin dos tratamentos antimildeu na campaña.

Oidio: Ver Fotos

Manchas de oídio en folla de albariñoNas nosas parcelas de seguimento unicamente observamos síntomas da enfermidade nas plantas que mantemos sen tratar a xeito de control, especialmente na folla. Debido a que o fungo, ao igual que o causante do mildeu, non afecta aos grans a partir do envero, é pouco probable que poidan producirse danos a partir de agora, pero polo momento debe poñerse atención aos terreos onde o envero non estea xeneralizado, especialmente se hai períodos de néboas ou nebulosidade.


Trazas: Ver Fotos

Gran atacado por larva de Lobesia botranaMalia a que os rexistros de capturas de machos nas trampas continúan a ser baixos, observamos un lixeiro incremento no número de penetracións larvarias na nosa parcela de seguimento de Castrelo. Tamén outros técnicos nos informaron da mesma situación nalgúns terreos de diferentes bisbarras, pero sen alcanzarse os niveis que xustifiquen unha intervención. Incrementar a vixilancia.


Cicadélidos :Ver Fotos

Cicadélidos - Femia de Scaphoideus titanusNon observamos nesta semana ningún incremento nas capturas de cicadélidos nas trampas, e tamén as contaxes de ninfas en folla son baixos. Porén, débese manter a vixilancia, non só porque aínda poden aumentar as poboacións de Empoasca vitis e Zygina rhamni, senón tamén porque poderían empezar a capturarse, polo menos nas bisbarras onde xa se localizou, adultos de Scaphoideus titanus, o cicadélido transmisor da flavescencia dourada, grave enfermidade da vide non detectada polo momento en Galicia.

Altica quercetorum:Ver Fotos

Adultos de Altica quercetorum apareándosePosta e larvas de diferentes estadios en folla de albariñoVoltamos encontrar, na nosa parcela de seguimento de Condado, adultos, ovos e larvas de diferentes estadíos deste crisómelido defoliador, que polo momento non está a causar danos de importancia.




Ácaros:Ver Fotos
En xeral non se están a observar ataques de ácaros, aínda que as condicións climáticas actuais lles son favorables. Manter a vixilancia, pois nesta época adoitan rexistrarse incrementos poboacionais nalgunhas bisbarras.

MACEIRA
Moteado: Ver Fotos

Continúa a ser moi baixo o risco de infección, ao non haber humidade elevada e rexistrarse ventos do norte. Porén, debido a que este patóxeno pode afectar á froita ata o momento da colleita, cómpre manter a vixilancia.

Cydia pomonella:Ver Fotos

En ningunha das nosas parcelas de seguimento se alcanzou o limiar de tolerancia, pero a froita aínda pode verse afectada polos ataques deste lepidóptero. No caso de non efectuar seguimentos específicos do voo do insecto, aconséllase manter a protección (respectando sempre o prazo de seguridade dos insecticidas nas variedades de máis pronta recolección), pois como sabemos as súas poboacións poden variar segundo as bisbarras e mesmo os terreos.

Araña vermella: Ver Fotos

Aspecto bronceado das plantas por ataque de araña vermellaNesta semana voltamos a recibir mostras con presenza de araña vermella Panonychus ulmi e tamén observamos síntomas do seu ataque en diferentes parcelas. Recoméndase tratar (respectando o prazo de seguridade nas variedades máis temperás) só no caso de observar o bronceado típico que produce ou ben se se alcanza o limiar de tolerancia que neste momento está ao redor de 30-40% de follas ocupadas.


VARIOS CULTIVOS
Golpe de sol:

Golpe de sol en acioGolpe de sol en maceiraGolpe de sol en froito de kiwiDebido á elevada insolación destes días, estanse a observar froitos de diferentes cultivos con danos por sol ("golpes de sol").




CASTIÑEIRO
Tortrícidos da castaña:

Ourizo con danos por Pammene fascianaEiruga de Pammene fasciana en ourizoNesta semana capturamos, nas trampas de feromonas, exemplares dos tres tortrícidos da castaña. De momento, e debido ao estado fenolóxico actual, só se observan, e puntualmente, danos por Pammene fasciana.




TOMATE
Tuta absoluta:Ver Fotos

Restos de cultivo de tomateira que deben eliminarse para reducir a invernación de Tuta absolutaComo medida de prevención para reducir danos na próxima campaña, cómpre eliminar, dos invernadoiros e terreos, os restos de cultivo conforme se vaia recollendo a colleita.