Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

12/08/2010

VIÑA Estado fenolóxico: Envero
Mildeu: Ver Fotos

A permanencia do tempo estable mantén a situación referida no aviso anterior, atopándose unicamente presenza illada de manchas nalgúns gromos. Ademais, as temperaturas tan elevadas que se están a rexistrar levan a que, mesmo nas plantas control que mantemos sen tratamentos, as manchas se estean a secar e non se desenvolva esporulación. Aínda así, algunhas noites rexístrase humidade foliar, polo que aínda poden aparecer máis síntomas, sempre en folla agora que o envero xa está establecido.

Oidio: Ver Fotos

Uncinula necator - Oidio en netoComo acontece no mildeu, o oídio non afecta ao acio unha vez chegado o envero, polo que unicamente poden aparecer novos síntomas en folla e pámpanos e tamén en acios netos, especialmente nos máis escondidos e en variedades sensibles ou con ataques anteriores.




Trazas: Ver Fotos

As capturas de adultos en trampas continúan a ser reducidas, pero observouse nesta semana una maior presenza de postas e penetracións, sen acadar o limiar de tolerancia. Por iso, débese incrementar a vixilancia porque os danos que poden ocasionar as eirugas poderían causar podremias nos acios, en especial naqueles de variedades máis sensibles.

Cicadélidos :Ver Fotos

Cicadélidos - Femia de Scaphoideus titanusNesta semana tampouco observamos ningún incremento nas capturas de cicadélidos nas trampas. Aínda así, poden incrementarse as poboacións e, como anunciamos a semana anterior, poden aparecer os primeiros exemplares de Scaphoideus titanus.




Ácaros:Ver Fotos
Obsérvanse síntomas da presenza de ácaros en viñedos de diferentes bisbarras. En calquera caso, antes de realizar calquera intervención débese confirmar que a sintomatoloxía observada corresponde a estes artrópodos, e se se trata de araña vermella ou de eriófidos, posto que existen materias activas máis ou menos eficaces segundo a familia de ácaro da que se trate.

MACEIRA
Moteado: Ver Fotos

Coas condicións climáticas destes días continúa a ser reducido o risco de infección. Non é necesario tratar.

Cydia pomonella:Ver Fotos

Segundo as observacións nas nosas trampas, non se alcanza o limiar de tolerancia, pero é importante manter a protección ata a recollida da froita, respectando sempre o prazo de seguridade dos insecticidas empregados.

Araña vermella: Ver Fotos

Seguimos a recibir mostras con presenza de Panonychus ulmi. No caso de confirmar a presenza do ácaro en niveis superiores ao limiar de tolerancia, débese aplicar un tratamento, respectando o prazo de seguridade nas variedades máis temperás.

TOMATEIRA
Tuta absoluta:Ver Fotos

Informáronnos da presenza de fortes danos nalgúns invernadoiros. Para o control desta praga, é imprescindible combinar diferentes estratexias de control (sendo moi importante pechar os invernadoiros con malla de tratamento para a couza) e, para reducir danos para a próxima campaña, eliminar os restos do cultivo.