Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

27/08/2010

  • O presente aviso fitosanitario será o último que publicaremos nesta campaña de forma sistemática, ao estar próxima a colleita. Porén, como todos os anos, seguiremos emitindo novos avisos en canto sexa necesario, xa sen unha periodicidade fixa.
  • Queremos agradecer a colaboración dos agricultores que nos permiten visitar as súas parcelas e que interveñen segundo as nosas recomendacións, e agradecer tamén os técnicos que nalgún momento nos achegaron datos. E loxicamente, a todos aqueles que nos leron e seguiron puntualmente, moitas grazas.
VIÑA Estado fenolóxico: Maduración

Nota sobre a maduración.- Boa parte das adegas da provincia xa fixaron unhas datas previstas de vendima, para os próximos días (entre o 10 e o 18, a maioría). Porén, para aqueles viticultores que non estean acollidos a ningunha adega, achegamos a xeito de referencia o grao alcohólico obtido en mostras de uva recollidas esta semana nas parcelas da nosa rede de seguimento:

- Bisbarra do Salnes.- Tremoedo: 10.5º; A Modia: 10.5º; Castrelo: 11.5º
- Bisbarra do Rosal.- Rosal: 9.5º
- Bisbarra do Condado.- Vide: 12.5º
- Bisbarra de Soutomaior.- Soutomaior: 9.32º

Mildeu: Ver Fotos

Manchas incipientes a final da campañaÚnicamente observamos manchas de aceite moi incipientes e esporádicas nos novos agromados da nosa parcela de seguimento de Tremoedo, pero non nos demais terreos, nin sequera nas plantas que mantemos sen tratamentos. As elevadas temperaturas das semanas anteriores e a escaseza de precipitacións interromperon o ciclo da enfermidade, e coa colleita tan próxima non é probable que se desenvolvan síntomas en densidade abondo como para producir xa defoliación, máis considerando que de cara á próxima semana a previsión meteorolóxica anuncia novamente tempo estable e caloroso.

Oidio: Ver Fotos

Non vimos novos síntomas, nin sequera nos órganos máis sensibles (follas novas, "netos" e pámpanos).

Botrite: Ver Fotos

Malia a que se produciron algunhas precipitacións, na maioría dos casos foron lixeiras e non suficientes como para manter durante tempo a humidade na vexetación, polo que non se esperan danos de importancia, e ademais de cara aos próximos días anúnciase tempo estable e seco.

Trazas: Ver Fotos

Continúa o voo das trazas, pero xa non é probable que as eirugas produzan danos, dada a proximidade da vendima.

Cicadélidos :Ver Fotos

Scaphoideus titanus capturado en trampa cromáticaNesta semana non capturamos ningún exemplar de Scaphoideus titanus nas trampas, pero sen dúbida continúa o seu período de voo.





Ácaros:Ver Fotos

Calepitrimerus vitis - Bronceado de las hojas causado por acariosisDerecha hoja de viña atacada por ácaros; izquierda hoja sanaRecibimos mostras con presenza de ácaros, e tamén nalgunhas bisbarras obsérvanse síntomas. Neste momento da campaña xa non se debe intervir antes da vendima (para que se cumpran os prazos de seguridade), pero naquelas parcelas en que existisen poboacións importantes é conveniente tratar despois da colleita, para reducir as poboacións invernantes.

Outros:

Complejo eutypa y complejo yesca - Síntomas en vegetaciónLembrase a conveniencia de marcar as plantas con síntomas que apuntan a enfermidades de madeira para, no momento de realizar as podas, tratalas separadamente.





MACEIRA
Moteado: Ver Fotos

A escasa humidade que en xeral se está a rexistrar reduce o risco de danos.

Cydia pomonella:Ver Fotos

Como cada ano indicamos, xa é un bo momento para a instalación de bandas de cartón ondulado nas árbores para capturar neles as larvas que se retiran para pasar o inverno. Eliminando estas bandas antes da primavera redúcese a incidencia da praga para a próxima campaña.


Araña vermella: Ver Fotos

Aspecto bronceado de las plantas por ataque de araña rojaCoa colleita tan próxima non é conveniente aplicar ningún tratamento acaricida (non se cumpriría o prazo de seguridade dos acaricidas), pero naqueles terreos en que se rexistrasen ataques importantes é conveniente reducir a poboación nociva despois da recolección para evitar a posta de ovos invernantes.



Outros:

Manzanas en el entorno de un manzano en fase de pudriciónEstanse a observar baixo as árbores dalgunhas parcelas, mazás no chan. Como sempre insistimos, cómpre recollelas, pois sobre esta froita pódense instalar patóxenos do tipo Monilia ou Botrite, ou mesmo pode servir de zona de posta para a mosca da froita.




TOMATE
Tuta absoluta:Ver Fotos

Síntomas do ataque de Tuta absoluta en follaSíntomas dol ataque de Tuta absoluta en froitoPodremia a partir do ataque de Tuta absolutaRestos de cultivo que deben ser eliminadosLémbrase que, para reducir poboacións para a próxima campaña e así evitar os importantes danos que pode producir esta praga (dende perda de masa foliar ata danos directos e indirectos ao froito), cómpre eliminar todos os restos do cultivo do ámbito dos invernadoiros.