Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio »Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

17/09/2010

VIÑA
Mildiu: Ver Fotos

Plasmopara vitícola - Mildeu en mosaicoNesta campaña, á marxe do grave brote de mildeu que se rexistrou a finais de xuño, non se produciron danos importantes nas viñas, grazas ás elevadas temperaturas e á seca que houbo entre xullo e agosto. Por este motivo, non hai moitos síntomas nas viñas, pero si nalgúns casos presenza de manchas nos gromos terminais e mildeu en mosaico no resto de follas. Para reducir este inoculo para a próxima campaña, unha vez rematada a vendima, e antes da caída da folla, pódese aplicar un tratamento a base de cobre.